Proxección audiovisual

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Atadeiras atrapadas na rede

O Museo Massó presentará un micro-vídeo titulado "Atadoras atrapadas na rede", dedicado ao colectivo das rederas e a súa loita para conseguir dignificar o oficio, conseguir mellores condicións laborais e recoñecemento no sector pesqueiro, e poñer fin á brecha de xénero que existe entre este colectivo e o dos rederos.

Galego

Cinco mulleres artistas representadas na colección do museo

O Museo de Belas Artes da Coruña celebra este ano o Día da Muller coa presentación dunha serie de videos divulgativos dedicados a cinco das mulleres artistas representadas na colección do museo, centrándose nunha das súas obras.

As artistas seleccionadas para esta ocasión son a escultora Elena Colmeiro, coma homenaxe tras o seu recente pasamento, e as pintoras Julia Minguillón, María Röesset, María Victoria de la Fuente e Dolores Díaz Baliño.

Estes videos divulgaránse nas canles e as redes sociais do museo, un cada día da semana do 8 ao 12 de marzo.

Galego

Chungking Express

Dúas historias de amor independentes que se desenvolven no popular barrio turístico de Tsimhatsui, en Hong Kong. A primeira describe o fugaz encontro entre un mozo policía en plena crise amorosa e unha misteriosa muller fatal traficante de drogas. A segunda céntrase no singular romance entre un solitario e sinxelo axente de policía e a nova camareira do bar onde aquel adoita comer.

Galego

Ponyo no acantilado

A historia céntrase en Sosuke, un rapaz de cinco anos, e a súa relación cunha princesa peixe que ansía converterse nun ser humano. Libre adaptación de 'A sereíña' que obtivo unha moi boa acollida da crítica no festival de Venecia 2008.

Galego

Woman

Documental que nos leva por todos os recantos do mundo para coñecer o retrato íntimo de miles de mulleres con diferentes camiños de vida, modelados pola súa cultura, a súa fe e ou a súa historia familiar. Baseado en encontros en primeira persoa, o proxecto aborda temas coma a maternidade, a educación, o matrimonio, a independencia económica, a menstruación ou a sexualidade.

Galego

Duvidha

(India, 1973)

Dirección: Mani Kaul. Guión: Vijayadan Detha. Intérpretes: Hardan, Ravi Menon

Sinopse: Logo de casar, o fillo dun comerciante decide marchar para traballar nos negocios familiares

Galego

Matar a un ruiseñor

(Estados Unidos, 1962)

Dirección: Robert Mulligan. Guión:  Horton Foote, Intérpretes: Gregory Peck, Mary Badham, Brock Peters

Sinopse: Rigoroso, afouto, xusto e respectable, Atticus Finch é un avogado que defende un home negro acusado de violar unha muller branca
 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Proxección audiovisual