Naceu unha estrela
Esther Blodgett (Janet Gaynor), unha rapaza que aspira a converterse en actriz, viaxa a Hollywood. Nunha festa na que traballa como camareira coñece a Norman Maine, un famoso actor en decadencia (Fredric March). Para sorpresa de Esther, Norman ofrécelle un papel nunha película e, tras realizar unha proba, o produtor fica impresionado e decide convertela nunha estrela. Norman e Esther casan, pero a felicidade vese enturbada polo declive do actor e o fulgurante éxito de Esther.

