Moana with Sound
En 1924 os célebres pioneiros do cinema documental, Robert e Frances Flaherty, viaxaron canda a súa familia á illa de Savaii (Samoa) para filmar a vida dos nativos do lugar e repetir o éxito de Nanook o esquimó (1922). En 1980, a filla da parella, Monica Flaherty, regresa á illa para gravar os sons e os cantos tradicionais que dan lugar a Moana with Sound, unha fermosa peza de docuficción que permite recuperar en 2K unha obra fundamental do cinema documental.

