Espectáculo

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Gas

Este cómico de Marín traeranos as súas novas historietas de humor negro. Historias grotescas de drogas, sexo, personaxes famosos e ocorrencias en grao sumo orixinais. Ademais gozaremos con argumentos nostálxicos da súa vida de desenfreo e de festas. Finalmente coñeceremos as súas aventuras como humorista en distintos bares.

Galego

Espectáculo “Brincadeiras da lingua” (Migallas Teatro)

Espectáculo que ten como obxectivo dar a coñecer a enorme riqueza e variedade de ditos e recitados da literatura popular infantil de Galicia mediante xogos verbais de participación, cancións, contos, monicreques...

Sábado 20 de maio ás 17:30

Público familiar (recomendado a partir de 4 anos)

Actividade de balde. Reserva previa

Reserva previa: https://mupega.edu.xunta.gal/visitas-e-actividades/actividades-e-obradoiros

Galego

Peche do ciclo Un ano de humor

O Concello de Nigrán pecha este venres 28 de abril ás 20:00 horas no Auditorio Municipal o seu ciclo ‘Un ano de humor’ cos monólogos do humorista Sergio Pazos e a actriz e directora Cristina Maró, ambos de balde e con entrada libre ata completar o aforo do auditorio. O humorista ironizará sobre as cousas boas que trouxo a pandemia e a presentadora e acriz repasará a historia da Humanidade desde un punto de vista feminista e gracioso.

Galego

Arrolos de salitre

As familias poderán aproveitar o poder emocional das nanas e cantos de berce de tradición oral ao arrolaren os seus e as súas bebés e trasmitírenlles desde o comezo o apego á nosa lingua, música e cultura. Melodías tradicionais coa voz de Faia Díaz e a guitarra de Guillerme Fernández para aprendermos entre todas e todos. 

Galego

De eles aprendín- O musical dos grandes musicais

Deles aprendín- O musical dos grandes musicais ten a súa orixe nun acontecemento inesperado na Illa de Motunui, onde Vaiana, que será o personaxe condutor do musical, ten a primeira oportunidade de liderar ao seu pobo. Para iso é guiada polo sabio espírito da súa avoa Talla, que a conducirá por unha gran viaxe, a través de máxicos contos, que lle axudarán a ser a gran líder que o seu pobo necesita.

Galego

Isabel Rey: Diva de barrio

Vivimos nun mundo no que finximos felicidade a través dunha pantalla para mostrarllo aos demais e logo estamos máis amargados que cristo cravado na cruz. Isabel é unha moza sen filtros e malgasta naturalidade, neste show deléitanos coas súas mellores anécdotas con todo luxo de detalles que non che poderás perder.
É un show onde hai de todo menos postureo.

Galego

Miguel 925- Esto es Jauja

De aspecto serio pero con moitas ganas de facer rir. O humor é a súa forma de vida, levándoo por bandeira. De ascendencia manchega e ese humor chairo do día a día. Miguel 925 ten unha ampla experiencia en redes sociais ademais de participar en programas como Got Talent ou na cadea de radio Onda Cero, polo que aos poucos foise facendo un oco entre os monologuistas e humoristas españois actuais.

Galego

EMHU 2023: Animus Iocandi

O Encontro Mundial de Humorismo volve a Palexco para celebrar unha gala que está aquí para quedar en futuras edicións. Con Leo Harlem, Ana Morgade, Eva Soriano e Sílvia Abril, a gala de Animus Iocandi xuntará sobre o escenario a 4 dos artistas máis grandes do momento. Presente e futuro da comedia farán estalar ao auditorio en aplausos e risas nunha última cita ineludible e inesquecible antes do peche da edición deste ano.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Espectáculo