Falando a boca chea: Cándido Pazó
Iniciou a súa carreira como actor en 1975, incorporándose ao nacente movemento teatral en Vigo e Galicia e sendo un dos "máis novos" das xeracións xurdidas ao redor dos primeiros encontros da histórica Mostra de Ribadavia. Na súa formación non regular, hai que destacar o seu paso pola "École Philippe Gaulier", de París, que acabará deixando unha gran pegada na súa obra literaria e escénica. Tras unha primeira etapa como actor en varias compañías e no CDG, debuta como autor e director de escena con Ou melro branco (Premio Géración Nós de Teatro Infantil, 1989).

