Dani Nel.lo y Los Saxofonistas
Este concerto xorde do encontro de Dani Nel.lo cos chamados Los Saxofonistas, creadores da linguaxe musical a través do saxofón. Esta linguaxe destaca por ser visceral e salvaxe.

Este concerto xorde do encontro de Dani Nel.lo cos chamados Los Saxofonistas, creadores da linguaxe musical a través do saxofón. Esta linguaxe destaca por ser visceral e salvaxe.
A irrepetible voz de Uxía e a poesía de Uxío Novoneyra nun concerto de Nadal en que a coñecida cantante interpreta os textos do poeta do Courel acompañada polo músico Sérgio Tannus. Un repertorio que recolle os temas do seu último álbum Uxía/o.
Concerto instrumental de José Rubio e Diego San Jorge.
Concerto da Orquestra Abanca Resuena dirixida por Diego Zecharies.
Programa:
1ª Parte: Soprano con Cuarteto
A. Vivaldi (1678-1741) - Domine Deus del Gloria RV 589
W.A.Mozart (1756-1791) - Laudate Dominun (Visperae solemnes de confessore KV 339)
W.A.Mozart (1756-1791) - Motete Exultate Jubilate KV 165
2ª Parte: Cuarteto
Programa:
Jean Sibelius
A filla de Pohjola
Franz Schubert
Sinfonía n. 5, en si bemol maior, D. 485
Piotr Ilich Chaikovski
Sinfonía n. 4, en fa menor, op. 36
* As entradas estarán á venda na billeteira do Palacio da Ópera o venres 15 de decembro a partir das 11:00 horas ata que se agoten.
O compositor e músico bilbaíno Kepa Junkera dará un concerto na Festa do viño Albariño.
Este músico autodidacta móvese polo mundo da música tradicional, cun estilo propio que o levou a converterse nun dos músicos máis internacionais do País Vasco.
Os seus traballos discográficos, 16 álbumes producidos por el mesmo, revolucionaron e enriqueceron a música tradicional, e os seus espectáculos en directo destacan por estar cargados de enerxía, ritmo e vitalidade.
Sorginak é un proxecto no que dez mulleres vascas cantan, bailan e tocan percusións.
Son catro vacas. Catro vacas que rin e cantan. Presentan un espectáculo fresco como a auga dos regos. Disfrutan riba do escenario para que vós disfrutedes. Mistura de voces e guitarra, armonías que estimulan os sentidos. Veñen de facer unha xira mundial de máis de 120 concertos. Grandes festivais, sesións vermut ou verbenas. Encheron prazas e teatros. Gañaron premios, fixeron galas, bandas sonoras para programas de radio e televisión e músicas para anuncios publicitarios.
MITIC é o proxecto pioneiro dos irmáns galegos Álvaro e Suso Costas que despregará unha nova forma de entender a gaita galega.
Os irmáns Costas contan coa colaboración de 13 reputados artistas, coa intención de conseguir a evolución social dun instrumento que estivo ligado sempre á música tradicional desde a súa expansión no século XIII.
Ringo Starr, un dos compoñentes de The Beatles, visita por primeira vez España en solitario tras os seus máis de 40 anos de carreira.
O motivo da xira é a recente estrea de seu decimonoveno álbum de estudo, Give More Love, publicado pola discográfica Universal Music en setembro de 2017, e que conta coa colaboracións de artistas da talla do seu ex compañeiro de banda Paul McCartney.