The Posies + Versoix
The Posies é un grupo de rock estadounidense comandado por Ken Stringfellow e Jon Auer. Publicaron 15 álbums de estudo ata a data, sendo o último Solid States, do ano 2016. Con todo, os máis icónicos dos seus traballos son Frosting On The Beater (1993) e Amazing Disgrace (1996), polo que este 2018, para conmemorar o 30º aniversario da banda, reeditan ámbolos dous traballos, ademais da súa segunda obra, Dear 23 (1990), tanto en formato de dobre CD como de LP de vinilo.
Nesta ocasión estarán acompañados pola banda madrileña Versoix.

