Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Aló Django Cuarteto

Aló Django é un proxecto galego que busca a inspiración no jazz e na música dos xitanos manouche centroeuropeos: o chamado gypsy swing, un estilo, lírico, alegre e acústico cuxo máximo representante é o mítico guitarrista Django Reinhardt.

Ademais Aló Django é un show divertido máis alá do estritamente musical, coa a interactuación cómica co público, enfiando así música con xéneros escénicos de entretemento como o cabaré ou o music-hall, deonde veñen parte do seus integrantes.

Galego

The Fabulous Resaca Brothers

The Fabulous Resaca Brothers é unha banda cun repertorio maiormente centrado no blues eléctrico, con algunha incursión polo soul. Os seus concertos son divertidos e enerxéticos, traendo Chicago a este lado do Atlántico para que o público desfrute do blues máis canalla!

The Fabulous Resaca Brothers, agora cun 33% máis de acordes!

Galego

The Swinging Flamingos

O espíritu da Nova Orleans dos anos vinte e a vibrante enerxía da era do swing mestúranse con elegancia en The swinging flamingos, que buscan trasladar a un formato reducido a esencia das grandes big bands norteamericanas.

Fats Waller e Louis Armstrong van da man de Count Basie e Frank Sinatra nesta particular homenaxe que The swinging flamingos ofrece.

Galego

Tangata

Concerto de tango de cámara instrumental facendo un percorrido por toda a historia do tango, desde as súas orixes ata a vangarda máis actual.

Formación que leva en activo máis de 25 anos de xeito ininterrumpido. Foi creada no ano 1988 arredor da figura de Artigas Anelo, bandoneonista do grupo e fundador do mesmo.

Ao longo destas dúas décadas o grupo evolucionou, pasando de ser un trío (bandoneón, piano e contrabaixo) a consolidarse como cuarteto coa incorporación do violín.

Galego

AAF60 en concerto

Alberto Cunha (guitarra e voz), Andrés Cunha (baixo eléctrico e voz) e Rafael Otero "Feluco" (batería), únense para recuperar a música dunha das mellores décadas músicais, os anos 60...

E fanno en formato trío para facer un percorrido polas cancións máis recordadas de Los Brincos, Los Mustang, Lone Star, etc... sempre con moito humor e saber facer, para crear unha atmósfera especial e lembrar os mellores éxitos musicais dos anos 60 e 70.

Galego

A Banda da Loba en concerto

A banda da Loba está integrada por cinco mulleres que decidiron unir as súas traxectorias individuais para dar voz a este novo proxecto: Xiana Lastra (voz), Marcela Porto (percusión), Andrea Porto (baixo e guitarra), Inés Mirás (guitarra e teclado) e Estela Rodríguez (violín).

 

Destaca a creación dun repertorio propio baseado en cancións da súa autoría como en musicalizacións de poetas como Celso Emilio ou Manuel María ou outros textos tomados dos poemarios de poetas máis novas como Rosalía Fernández Rial ou Celia Parra.

 

Galego

Ángel Stanich

Ángel Stanich presenta en Santiago o seu último disco, Antigua y Barbuda. No concerto introducirá ante o público algunhas das novas composicións deste traballo, a agardada nova entrega do chamado 'ermitaño do pop'. 

As entradas custarán 15 euros en venta anticipada e 18 na entrada do concerto. 

Galego

Los Plutones

Os concertos poden ser actividades para todas as idades e iso é o que acontecerá no próximo concerto de Los Plutones. Con Felix Arias á voz e á guitarra, Samuel Pérez á batería e Alberto Villarroya ao baixo e os coros, Los Plutones recuperarán nun evento para todos os públicos cancións clásicas da historia do rock e dos Beatles. 

As entradas terán prezos diferentes para adultos (5 euros) e para nenos (2 euros). 

Galego

Libélula

Libélula é o cuarto traballo en solitario de Néstor Prado, que chegou aos seus seguidores o pasado 1 de decembro. Blues, rock&roll e pop conectan coa cumbia, a música africana ou o son cubano nas diferentes cancións que conforman o traballo. 

Isto é o que agora presenta en concerto. 

Galego

El Niño de la Hipoteca

El Niño de la Hipoteca é o primeiro cantautuber de fala hispana. Comezou a súa carreira musical cantando as súas propias cancións sen recibir demasiada atención, ata que un día decidiu empezar a colgar vídeos en YouTube e comezou a recibir unha chea de bos comentarios e a gañar seguidores.

A el únese a banda Los Ratones, formada por Miguel Piñeiro Maicol á guitarra, Carlos Manzanares Avatar ao acordeón e ao saxo, Dani Tejedor Champín á batería e Charlie Cuevas ao baixo.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto