Soledad Vélez
Á temperá idade de 19 anos, Soledad Vélez deixou Chile para ir a Valencia a construírse un futuro no mundo da música. No seu repertorio, composto e producido por ela mesma, a artista trata de transmitir historias abstractas que nacen na natureza, na escuridade e nos animais cos que se relaciona desde o inicio da súa carreira. Todo isto reflíctese nos títulos dos seus discos Black Light In The Forest, Wild Fishing, Dance And Hurt, e o seu máis recente traballo Flecha.

