Rebeca Jiménez
Presentación do seu novo traballo Tormenta y Mezcal en formato acústico.
Neste disco Rebeca Jiménez mestura o soul e blues con ritmos latinos.

Presentación do seu novo traballo Tormenta y Mezcal en formato acústico.
Neste disco Rebeca Jiménez mestura o soul e blues con ritmos latinos.
Músicos:
Paco Cerdeira (guitarra)
Ánxelo de Xermar (baixo)
Paula Romero (voz)
Rodrigo Muñoz batería)
A Gramola Gominola é un grupo de música rock para público familiar que presenta o seu novo libro/CD editado por Galaxia.
Neste proxecto o grupo aposta polo rock en galego, grandes temas que poderedes escoitar cos vosos fillos. Unha proposta de calidade que garante diversión a través da música.
No seu repertorio hai temas de diferentes ritmos musicais que van dende o rock, disco, reggae ou punk.
Paco Cerdeira vén de lanzar en decembro de 2017 o seu primeiro libro-disco en solitario Pakolas, nome co que se presenta ante o público infantil, eido no que o músico conta con longa traxectoria. Este novo traballo musical para os mais peques é no que se basea este espectáculo, editado pola Editorial Galaxia, na súa colección Sonárbore, en colaboración co Colexio Profesional de Logopedas de Galicia, e conta na edición coas ilustración de Laura Romero.
A banda da loba está integrada por cinco mulleres que decidiron unir as súas traxectorias individuais para dar voz a este novo proxecto: Xiana Lastra (voz), Marcela Porto (percusión), Andrea Porto (baixo e guitarra), Inés Mirás (guitarra e teclado) e Estela Rodríguez (violín).
Destaca a creación dun repertorio propio baseado en cancións da súa autoría como en musicalizacións de poetas como Celso Emilio ou Manuel María ou outros textos tomados dos poemarios de poetas máis novas como Rosalía Fernández Rial ou Celia Parra.
O grupo lucense - formado por Julian L. Goicoa, Martiño Salgado e Diego Castro - tocará na súa cidade para presentar o seu LP Cálida.
Dende Madrid chegan as dúas bandas protagonistas da noite.
Jaime 4 President é un grupo de indie rock que está formado por Jamie (voz e guitarra), Pablo (batería), Xavi (guitarra) e Borja (baixo).
Descubriendo a Mr. Mime, pola súa banda, é un grupo de screamo e os seus compañentes son Blito (guitarra), Miguel (baixo), Dani (batería), Guille (guitarra) e Rodrigo (voz).
Contará coa participación da violinista Alexandra Soumm.
Programa:
I
JOHANN SEBASTIAN BACH (1685-1750)
Concierto para violín núm. 1, en la menor, BWV 1041
Allegro moderato
Andante
Allegro assai
Concierto para violín núm. 2, en mi mayor, BWV 1042
Allegro
Adagio
Allegro assai
Concierto para violín en sol menor, BWV 1056R
Moderato
Largo
Presto
II
KieNeS Sound é un grupo madrileño de reggae formado por El Garou, El Chiky, Kano Sunsay e TCap Selektah, que nesta ocasión presentan o seu novo álbum: Con La Música A Otra Party.
A SalaSuper8 acolle un novo evento reggae na cidade de Ferrol, con Mr. Mou de frontman facendo os seus propios temas e ademais cantando algúns dos ritmos máis clásicos da música xamaicana cunha formación de banda ao máis puro estilo roots reggae.
Despois do concerto en vivo, Natural Green encargarase de manter alta a vibración e de facer bailar a toda a sala coa súa exquisita selección de vinilo.
No marco do ciclo Placeres Ocultos, chega a Santiago Calcutá, o proxecto en solitario de Teresa Castro. Castro é a voz e a guitarra da banda portuguesa Mighty Sands. En Santiago presentará o seu último traballo Over Night.
As entradas teñen un prezo de 7 euros (anticipado) ou de 9 euros (o día do concerto).