Grandfather's House
Grandfather's House é unha banda procedente do norte de Portugal que, tras a publicación do EP Skeleton en 2014 e o LP Slow Move en 2016, traen o seu terceiro disco, Diving, que conta coas colaboracións de Adolfo Luxúria Canibal, Nuno Gonçalves e Mário Afonso. Cun son máis denso, o novo disco explora as memorias e as emocións contidas nas letras da vocalista Rita Sampaio.
O Super Bock Under Fest é un festival de música que se celebrará este ano por primeira vez en Vigo, os días 23 e 24 de marzo.

