Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Monk Blues Band + Jam Session

Os mércores na Sinatra Coctel Bar son de Monk Blues Band.

A partir das 21:00, Javier e Diego Pacheco e Arturo Raude faranse cargo da jam session onde tocarán temas de tódolos xéneros como blues, rock, soul, funky ou pop para deleitar a todo tipo de públicos cos mellores temas e pasar unha noite chea de melodías e ritmo para gozar.

Galego

Xacobe Martínez Antelo Trío + Jazz session

Despois de “Isto é Jazz” (2005), “Xacobe Martínez Antelo Trío” (2008) e “Jazz from Galiza” (2010) Xacobe Martínez Antelo, a través do seu renovado trío, saca o seu cuarto traballo discográfico como líder.

En “CAPTURAS” (2019), o trío composto por Xosé Miguélez, Max Gómez e o propio Xacobe, presenta un traballo profundo, maduro, absolutamente ancorado no presente, e que rebosa música polos catro costados. Oito composicións orixinais inspiradas en feitos cotiás e realidades que nos agreden, que nos acompañan, ou que forman parte do noso contexto vital.

Galego

II Concerto Benéfico NormalizAutismo

A entidade galega sen ánimo de lucro  NormalizAutismo Galicia, promovida por familiares e amigos de persoas con trastornos do espectro de autismo presenta o seu segundo concerto benéfico. O Concello de Santiago, a sala Sónar Directo, Galletas para Matilde e Beyla colaboran co seu apoio a celebración do concerto.Todos os artistas convidados colaborarán dun modo individual e colectivo, así que poderemos gozar de versións e melodías nunca antes escoitadas.

Galego

XII Concurso de piano “Sociedad Artística Ferrolana” 2020

Data e lugar de celebración:
O  XII Concurso de Piano S.A. F. estruturado por idades en tres distintas Categorías, é un certame de carácter xuvenil que está dirixido a estudantes de nivel de grao elemental e grao medio de Galicia, cuxa única  filosofía e finalidade é a de potenciar e incentivar a  interpretación  pública das e dos novos pianistas de Galicia,  así como inculcar en todos eles, unha competitividade sa e un desexo de  superación a  través da propia experiencia participativa.

Galego

Furia Necesaria

Furia necesaria de Aldaolado, conta cunha parte importante de narración oral, durante a cal as dúas poetas presentan o tema central baseándose en historias propias e alleas. Outra parte fundamental da función é a musical, na que Lucía Aldao interpreta en directo cancións que adoitan levar aparellado o recitado de textos propios na voz de María Lado. A poesía ten tamén o seu espazo no tempo que ambas poetas dedican a recitar.

Galego

Cousas de catro

Músicos: Juan Collazo, Antonio Ocampo, José Varela e Sergio Sande.

 

Instrumentos do mundo da percusión contemporánea, elementos de nova creación, comicidade nas olladas e o xogo co efecto sorpresa son a base deste espectáculo.

Catro son os elementos que definen este concerto didáctico que busca que o enxeño se retroalimente e evolucione, e que o camiño da creación continúe espertando.

Galego

Cinema e música

Olga Brañas (piano) e Susanna Blanco (violoncello) musicalizan películas en directo.

No catálogo temos Tempos Modernos de Charles Chaplin (1936) e Nosferatu de F.W. Murnau (1922). 

As musicalizacións son de todo tipo, dende pezas clásicas ata infantís, pasando por pezas galegas ou ragtimes. 

Gusta tanto a maiores como a pequenas e pequenos. 

Galego

Reggae Jam "Bob Marley's day"

 

Máis de 10 dos mellores músicos e cantantes da rexión daranse cita un ano máis para honrar á estrela do Reggae, Bob Marley. Por quinto ano consecutivo da man do colectivo Bam Bam Entertainment, nunha das casas de reggae actuais da cidade de Turia, atoparemos amantes da boa música e do bo rollo para bailar e gozar dalgúns dos éxitos de Robert Nesta Marley.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto