The Aristocrats
Como definir un disco que combina dirty rock, folk, jazz e explosións repentinas de mestría sonora? Pois The Aristocrats, por suposto.Guthrie Govan, Bryan Beller e Marco Minnemann regresan con “You Know What…?” o seu novo disco de rock-fusión, dispoñible desde este 28 de xuño. Tal e como a súa aristocrática tradición manda, cada membro da banda escribiu e produciu tres temas do disco, que cobraron vida en estudo grazas á química innegable que reina entre estes tres virtuosos mestres.

