Sonoro Maxín + Gatibu
O Sonoro Maxín nace no verán de 2007 a partir do reencontro de vellos amigos e coñecidos da música galega que formaban parte dos proxectos Lamatumbá e Cinnamon Gum.
Dende entón percorreron toda a xeografía galega e o Estado español - e tamén Portugal e Alemaña - con centos de concertos nos que puideron compartir escenario con grupos como Manu Chao & Radio Bemba Sound System, Shantel & Bucovina Club Orkestar, Syrano, Los Delinqüentes, La Troba Kung-Fú ou Che Sudaka.

