Banda Municipal de Música - Viaxando cos ventos
Novo concerto da Banda Municipal de Música dentro do seu Ciclo de Inverno.

Novo concerto da Banda Municipal de Música dentro do seu Ciclo de Inverno.
A figura de Leonardo Da Vinci (1452-1519) como músico é quizais unha das súas facetas menos coñecida aínda que sabemos que, como intérprete, tocaba viola de brazo. Nesta exposición recóllense varios instrumentos realizados en base ás súas notas e deseños. Tamén hai instrumentos da súa época e complétase co traballo do Obradoiro de instrumentos da deputación sobre o Pórtico do paraíso da catedral de ourense.
Banda cordobesa con certo percorrido xa no mundo da música. En 2019 publicaron o seu mini-LP titulado "Invisibles" editado en 2018 e que contén cinco temas.
Están encantados coa crítica e a repercusión que están conseguindo ata o momento. Unha boa mostra é que medios tan importantes como El País ou Radio 3 fáganse eco do seu disco, que ademais foi apoiado por "Save The Children". 1€ de cada CD así como unha porcentaxe dos seus beneficios polas actuacións en directo van destinados a menores refuxiados ou necesitados a través desta ONG.
Agrupación musical de rock que fusiona ritmos latinos como Reggae e Ska para obter un son totalmente propio e diferente.
Cantante que interpreta temas propios e covers de Bob Dylan, Johnny Cash, Hank Williams, Elvis Presley, Micah P. Hinson o Tom Waits.
Alberto Cunha (guitarra e voz), Andrés Cunha (baixo eléctrico e voz) e Rafael Otero “Feluco”, únense para recuperar a música dunha das mellores décadas musicais, os anos 60. E fanno en formato trío para facer un percorrido polas cancións máis recordadas de Los Brincos, Los Mustang, Lone Star, Creedence, Beatles, etc. Sempre con moito humor e saber facer, para crear unha atmósfera especial e lembrar o mellor dos anos 60 e 70. ¡A música da túa vida en directo con AFF’ 60.
Los Del Barro son un grupo de Baiona que farán as delicias do público coas súas versións.
Proxecto musical cun formato especial. Formato dúo ou trío, acompañado de bases, ou cuando funciona como banda completa, pretende, mediante versións de rock, pop/rock e temas propios, interactuar de maneira directa co público.
Nos seus concertos predominan tanto clásicos da música como novos hits, ademais de alternar cancións de ámbito nacional e internacional. A maiores disto conta, dentro do seu repertorio, con sorpresas que inclúen versións diferentes e especiais.
O ambiente dos seus concertos é sempre íntimo e festivo, así como próximo en relación co público asistente. É sen dúbida un show para gozar, dende as partes máis íntimas e relaxadas, ata os temas máis coñecidos e cañeros.
Banda de pop rock en galego con influencias da música de raiz latinoamericana, folk ou surf rock.