Luar Na Lubre: Vieiras e Vieiros. Historias de Peregrinos
Volve o grupo folclórico coruñés para ofrecer un concerto no que presentan o seu último traballo, Vieiras e Vieiros. Historias de Peregrinos.

Volve o grupo folclórico coruñés para ofrecer un concerto no que presentan o seu último traballo, Vieiras e Vieiros. Historias de Peregrinos.
Brothers till we die é unha banda de Madrid, España. Despois dalgúns cambios na súa formación durante estes catro anos de traxectoria, a banda atópase na súa formación final, unha nova banda de Hardcore Metal da capital. Fixeron varios tours en España e visitaron países como Ucraína ou Reino Unido. Nestes momentos, acaban de presentar o que é o seu primeiro LP "The Thin Line Between Death And Immortality".
Preocupados como nunca por alcanzar unha maior riqueza no plano da produción vocal e musical, os sons e melodías incorporadas no corte aluden claramente á etapa evolución que o quinteto está a atravesar.
A finais de 2019 nos presentarón “Make it Better” e “Freak Show” e a principios de 2020 para o seu arranque de xira tráennos unha canción nova, "Mantra", inspirada unha vez máis como o anterior “Kerala".
A banda quere agora recompilar a súa primeira esencia de bases bailables que atopamos en “Mul Mul” con melodías de voz máis presentes e son electrónico como en "Karma".
Actuación de Kasito en Vigo.
Grupo creado no ano 2017 en Vigo que percorre o mellor do Rock nacional e internacional (Guns n' Roses, RHCP, MClan, AC/DC, Loquillo entre outros).
A banda está formada por Fernando Bayer (batería), David Otero (baixo), Julio López (guitarra), Antonio Vide (guitarra voz).
SÉS presenta un novo traballo discográfico ‘Liberar as arterias’ co que segue evolucionando o seu particular son que a consagrou no máis alto, e no que se inclúen unha escolma de cancións con letra e música composta pola propia cantora. Un sétimo disco que mantén e potencia a súa valente mensaxe, e no que percorre América de norte a sur, todo filtrado pola súa alma de cantareira.
Pequeño Universo é o novo disco de Embusteros. Está composto por dez temas nos que a banda cordobesa demostra a súa evolución e madurez. Con este novo traballo, afrontan unha nova etapa na que nos brindan un disco que é unha declaración de intencións: con forza, sen medo, con determinación, veñen comerse o mundo. Tras saír seleccionados no circuíto Girando por Salas, Embusteros actuarán en Vilagarcía de Arousa o 6 de marzo.
A banda murciana Second, unha das bandas de indie rock máis importantes da escena independente española, inclúe na súa xira do 2020 un concerto na Estrada.
Este é o oitavo disco da formación integrada por Sea Frutos (cantante), Jorge Guirao (guitarra), Nando Robles (baixo) e Gran Guirao (batería).
Juan Manuel Magán González, tamén coñecido como Magán, é un produtor discográfico, remesturador, DJ, compositor, letrista e cantante español naturalizado dominicano. Dedícase profesionalmente á música desde 1995, pero foi co nacemento do "Electro latino" en 2008 que se deu a recoñecer internacionalmente.
Nando Agüeros volve á escena musical cun novo traballo e o seu Tour 20 Aniversario. O artista cántabro lanzou en novembro o seu novo disco, un dobre cd+ dvd en directo, co que iniciará a súa xira por todo o territorio a partir de febreiro do 2020.