Exfan
Exfan é a nova aventura musical de Tomás Ramos e Pat Escoin, anteriormente xuntos nos Amantes.
Tamén actuará Klute, un trío formado por Juli (Batería e coros), Kar (Guitarras e voz) e Jai (Baixo e coros) que desde Ferrol desenvolven unha persoal proposta que bebe do punk rock, o indie rock e o powerpop dos 90, de bandas como Husker Dü e Dinosaur Jr.

