Onasis + Tokio 92’
Dúas bandas que tributarán a dúas das grandes bandas do Rock, con temas que xa forman parte da historia da música.

Dúas bandas que tributarán a dúas das grandes bandas do Rock, con temas que xa forman parte da historia da música.
Dagla, banda stoner da Coruña, nace en 2013. Diego, Pedro, César e Javi conforman a base musical en composicións que mesturan rock, blues, metal ou punk, con letras en castelán cantadas por Mon que resultan nunha banda con son propio e un directo que non deixa a ninguén indiferente. O seu repertorio está composto por cancións longas de tinguiduras progresivas, que se intercalan con temas máis curtos e directos.
Two Rocks é un dúo acústico de rock, con versións de clásicos de todos os tempos, e unha das formacións máis aclamadas do panorama vigués. Two Rocks está formada por Adolfo FH e Fran Vázquez. Dous reputados músicos da escena española que formaron e forman parte dos Cacikes, Stoned At Pompei, Cherokee, Wondercovers, Pa Ti Na Ma, Mitic? etc. entre outros grupos.
Neste proxecto xuntos realizan un perfecto percorrido polo mellor rock das últimas décadas, incluíndo no seu repertorio temas que marcaron musicalmente a varias xeracións.
Nun formato no que Jose Rubio toca con mestría a súa guitarra e Pacho Brea canta de maneira formidable, choven exitazos como Sweet child of mine, Still loving you, is this love, etc. Revisionando dunha maneira diferente e máis íntima a grupos como AC/DC, Scorpions, Whitesnake, Europe, etc. E achegándoos á personalidade destas dúas figuras do rock nacional.
En Superser podemos atopar un garage/blues con toques de psicodelía, aínda que eles mesmos defínense como “blues positrónico dos pantanos siderales”. Este trío decláranse seguidores de bandas como 13th Floor Elevators, The Stooges, Night Beats ou Guadalupe Plata.
Por outra banda, o son de Thee boas caracterízase por un son cru e intenso que se move entre o noise, o punk e unha psicodelía moi particular.
Guillermo, Cabe e Óscar son tres dos integrantes da Mr. Dixie Jazz Band, primeira banda na Galiza en facer dixieland, Na súa ampla traxectoria estiveron en importantes festivais de New Orleans, Italia ou Francia, donde recibiron o premio á mellor banda Europea, e no cal distinguíuse a tres dos seus músicos como mellores solistas.
O rapeiro salmantino actúa con banda para debullar os temas do seu álbum "BackStreetDose", editado en 2018 e presentar novos temas.
O programa «Música na Fin do Camiño» ten como obxectivo promocionar a nosa música e a nosa poesía, así como o potencial cultural que Galicia ten en si mesma. O Camiño de Santiago estableceu estreitos vínculos entre Galicia e os territorios que atravesaba e, especialmente, con Francia. Por este motivo inclúense composicións de autores galegos en francés e cancións en galego de compositores doutros lugares; estas obras reflicten a influencia cultural que Galicia exercía e exerce como fin do Camiño.
O sábado 11, homenaxe ao baixista do grupo pontevedrés. E que mellor xeito de facelo que con música dos seus amigos, Mr. River, Antilia, Beco do Blue, Gospel Vida e os propios Black Stones.
Entrada libre ata completar cabida.
Vandallica é unha banda que rende homenaxe á primeira etapa de Metallica.
Diabólica rende tributo a Ángeles del infierno. Con Pacho Brea (Ánkhara, Hubris...) e José Rubio (Uróboros, Nova era, Warcry...). Revive con eles os temas clásicos da banda como al otro lado del silencio, Rocker, Maldito sea tu nombre ou A cara o cruz.
Plan B é un grupo liderado por Fran Rodríguez que versiona aos grandes do rock nacional.