Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Galicia Fermosa

Galicia Fermosa son un libro máis un CD escrito e gravado coa colaboración da Concellería de Cultura de Vilagarcía de Arousa. O libro trata da faceta artística de Juan Vidal Lemiña, dos seus cadros e composicións musicais, tan influenciadas pola súa condición de emigrante en Euskadi, e que forman, probablemente, a maior colección de cancións adicadas a Ría de Arousa. Acompañado de fotos da época, letras orixinais, un relato corto, anécdotas e a testimuña de amigos e familiares.

Galego

Sociedad Filarmónica: La Ritirata

Alessandro Scarlatti (1660 - 1725)

Concerto en do mayor para frauta, dous violins, violoncello e baixo continuo AdagioFugaAdagioAllegroFlauta solista: Tamar Lalo

«Filen, mio caro», H. 263

Cantata de cámara para alto, frauta dulce, dous violins e baixo continuoSinfoníaRecitativo: "filen, mio caro bene"Aria:"Chiedi pur ai monti"Recitativo: "Ma se prova bastante"Aria: "Che ti sembra sin fedele"

«Quella pace gradita», H. 610

Galego

Pedro Ekong Mengue

Domina á perfección todos os xéneros musicais destacando especialmente Soul grazas á súa capacidade de transmitir os seus sentimentos coa súa profunda voz comparable cos mellores cantantes afroamericanos.

Naceu hai 46 anos en Bata, aínda que pasou a maior parte da súa vida en España, chegando á Cidade dos Raparigos de Benposta (Ourense) en 1988 onde se integrou no circo e foi o seu cantante ata 1998, ano en que deixou o certo. Hoxe reside en Vigo. 

Galego

Javier Constenla & Pilar Martínez

Pilar Martínez, unha voz moi especial con gran gusto, sensibilidade, paixón e experiencia no panorama nacional, interpreta nesta ocasión un repertorio selecto de clásicos do Jazz que sen dúbida como xa é habitual nos seus concertos fará as delicias de público.

Acompañada ao piano por Javier Constenla, músico versátil mestre desde hai xa 18 anos nunha das escolas pioneiras en España no ensino de música moderna e Jazz.

 

Galego

Paradoxus Luporum

Paradoxus Luporum é Sergio Torres. Naceu en Madrid, no barrio de Carabanchel, e dende unha temerá idade comezou a aprender a tocar a guitarra para posteriormente construír cancións e ofrecerllas ao mundo. Aos poucos Sergio foi achegando melodías, subíndoas á rede, e enseguida comezou a atopar persoas interesadas no seu traballo. Sergio distribuíu o seu canto en gran parte de lationamérica (México, Colombia, Perú, Chle, Arxentina e Uruguai) e tamén por case o cento por cento do territorio da península ibérica. O proxecto Paradoxus Luporum leva case quince anos funcionando.

Galego

The Fargo Railroad Co.

Fundado en 2013, xa reuniron unha base de admiradores leais e continúan agregando aos seus números tocando en todo o Reino Unido.
O que está claro é que estes mozos gozan estar no escenario e encántalles tocar a música que están a producir.

Galego

La cuerda floja

La Cuerda Floja, con sede en Madrid, é un proxecto musical que nace da amizade. A banda créase en 2016, grazas ao encontro de tres dos seus compoñentes na capital madrileña, quen de maneira independente deixaron atrás a súa terra natal (Extremadura e Canarias) para embarcarse en diferentes proxectos musicais que culminarían en La Cuerda Floja. 

Galego

Presumido

Un show que cobre un rango de frecuencias emocionais moi amplo, no que o pop, a electrónica, a escenografía e a innovación tecnolóxica, farán as delicias dos amantes da música coidada ao detalle.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto