Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Kosmos Ensemble

Kosmos Ensemble está a redefinir a relación entre a música clásica e a world music. Este trio foi recoñecido como ?Selected Artists? pola organización Making Music e recibiu eloxios por parte da crítica especializada. Unidos por unha paixón compartida pola improvisación, a música multicultural e cunha impecable formación clásica, cada membro de Kosmos é á súa vez un solista internacional recoñecido no seu campo con prestixiosos premios e críticas.

Galego

Andrew Lawrence-King

Un dos intérpretes de música antiga máis respectados do mundo. Dirixiu óperas barrocas, oratorios e música de cámara en lugares míticos como A Scala de Milán, Opera House de Sidney, Casals Hall de Tokio, as Filarmónicas de Viena, Berlín e Moscova, Konzerthaus de Viena, o Palacio de Belas Artes de Ciudad de México e o Carnegie Hall de Nova York. En 2011 gañou o GRAMMY á Mellor Interpretación de Música de Cámara xunto a Jordi Savall.

Galego

Escolanía de Segovia

Coro de voces brancas de música sacra. No ano 1996 a Fundación Don Juan de Borbón crea a Escolanía de Segovia baixo a dirección de Mª Luisa Martín. Unha agrupación aberta a todos os nenos e nenas da cidade de Segovia e enfocada na formación no ámbito da música coral.

Nos seus vinte e dous anos de intenso traballo, a Escolanía de Segovia formou varias xeracións de voces brancas, nun frutífero camiño que quedou reflectido nos numerosos concertos, a discografía e as colaboracións con importantes agrupacións e directores de orquestra.

Galego

Concerto de Two Rocks en Vigo

O venres 17 de xaneiro temos unha cita co concerto de Two Rocks en Vigo. A Sala Barrocco do Arenal acollerá o primeiro concerto do ano deste peculiar dúo.



Two Rocks é un dúo acústico de rock, con versións de clásicos de todos os tempos, e unha das formacións máis aclamadas do panorama vigués. Two Rocks está formada por Adolfo FH e Fran Vázquez. Dous reputados músicos da escena española que formaron e forman parte dos Cacikes, Stoned At Pompei, Cherokee, Wondercovers, Pa Ti Na Ma, Mitic… etc. entre outros grupos.

Galego

Exfan

Exfan é a nova aventura musical de Tomás Ramos e Pat Escoin, anteriormente xuntos nos Amantes.

Tamén actuará Klute, un trío formado por Juli  (Batería e coros), Kar (Guitarras e voz) e Jai (Baixo e coros) que desde Ferrol desenvolven unha persoal proposta que bebe do punk rock, o indie rock e o powerpop dos 90, de bandas como Husker Dü e Dinosaur Jr.

Galego

Döxa

En concreto, o sexteto de power metal sinfónico, DÖXA -integrado por Vanessa Nane Marin (Crownless) á voz, Sebastián Orjuela e Juanjo AO (Patricia Tapia KHY y Elderdawn) as guitarras, David Noisel (Ars Amandi e Patricia Tapia KHY) al baixo, Víctor Fernández (ex- DarkSun) ao teclado e Ezequiel Marimon (Isaac Palón) á batería; chegará presentando o seu cuarto álbum de estudo “To Shambhala: a pilgrimage of the mind and soul”, gravado entre decembro e xaneiro nos Estudos Dynamita, da man de Dani Dynamita González á produción (tamén enxeñeiro de son de Rage  e Gus G) e lanzado ao mercado o pasad

Galego

Os Amigos dos Músicos

Formación ourensá formada por músicos expertos que proceden de diversos grupos e tradicións, falamos de bandas como Niño y Pistola, Blood Filloas, O Sonoro Maxín, Annie Hall, Haecceidad o Cinnamon Gum.

A banda está composta por Jaime Mateo, Arcadio Nóvoa, Raúl Diz, Daniel Alonso, Druso Pedrouzo e Álvaro A. Rivera. Todos eles cantan e compoñen, empregando o galego como vehículo de expresión e transmisión de emocións. Combinan tradición e modernidade.

Galego

Crisix

Banda de thrash metal procedente de Igualada,  España. Foi fundada por Javi Carrión e Marc Torras como batería e baixista, respectivamente. Aínda que non tardarían en completar a formación cos guitarristas Marc Busquei e Albert Requena, e finalmente con Juli Baz, que entraría para substituír ao primeiro vocalista.

Tamén actuará Lethal Vice.

Galego

Calle del Ruído

Ao longo destes 10 anos a banda non parou de virar en ningún momento, en Galicia e Portugal, con algunhas datas inesquecibles como tocar na concentración moteira internacional de Gois compartindo escenario coa mítica banda de rock portugués Xutos e Pontapes, telonear aos veteranos grupos Astarot, Mago de Oz, Moonspell e un longo etc.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto