Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Aline Frazão

Aline Frazão (n. 1988) é un dos grandes nomes da nova xeración de músicos angolanos. Cantante, compositora, guitarrista e produtora, naceu e criouse en Luanda, onde vive actualmente. Ademais dos catro discos orixinais editados, a cantante formou parte do panel de cronistas do xornal Rede Angola durante dous anos. Foi tamén a autora da banda sonora da longametraxe de ficción angolana «Aire acondicionado».

Galego

Morcheeba

Morcheeba é unha banda británica que mestura influencias de trip hop, rock, folk rock e downtempo. A mediados de 1990, os irmáns Godfrey (o DJ Paul Godfrey e o multinstrumentista Ross Godfrey) uníronse a Skye Edwards como vocalista. Cinco álbums máis tarde, no 2003, Edwards deixou a banda. No 2005 Morcheeba gravou outro álbum xunto a Daisy Martey (anteriormente parte da banda Noonday Underground) para substituír a Edwards como vocalista.

Galego

Twenty One Pilots

Twenty One Pilots é un dúo musical estadounidense de Columbus, Ohio. A banda formouse en 2009 polo vocalista Tyler Joseph xunto con Nick Thomas e Chris Salih, quen se foi en 2011. Desde a súa partida, a formación consistiu en Tyler Joseph e o baterista Josh Dun.

Galego

Tincho Fernán

Hacedor de cancións que inspiran, que emocionan, que transmiten positivismo. Tincho Fernán, nacido en Montevideo, fai rock en español e sobre todo conta e canta o que lle pasa e o que pasa ao seu ao redor.

Con dous discos editados, Por el camino en 2013 e Nunca es demasiado tarde en 2016. Música pop mestiza en Español, colorista e comprometida.

 

Galego

Sesións Touliña Pop: Miguel e Fernando Pardo

Os irmáns Miguel e Fernando Pardo, cantante e guitarrista de Sex Museum Official decidiron botarse de novo á estrada. Esta vez, os auténticos e inimitables PARDO BROSS, farano como dúo,máis eléctricos que acústicos,repasando clásicos e escuridades deSEX MUSEUMe dalgúns dos outros proxectos nos que tocaron xuntos – Thunderbolts ou Tubular Greens-, ou recuperando algunhas das súas cancións favoritas. Será un concerto único e diferente a todo o que fixeron nos seus 35 anos de Rock & Roll intenso e suorento.

Galego

Daniel Felices

Daniel Felices, nacido en Terrassa (Barcelona), xoga e vibra coa música desde a súa infancia. Nas súas raíces leva o son do sur, do rock progresivo e do pop. En 2004 as súas raíces dan forza e forma ao que foi o seu proxecto máis importante, D’Calade. Neste proxecto Daniel convértese no compositor principal e na alma mater do grupo. Con eles realiza máis de 800 concertos por España, Europa, Oriente Medio e Latinoamérica.

Galego

Hasme oír- A Banda da Loba

A iniciativa conta co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e forma parte da programación institucional das Letras Galegas 2021 da Xunta de Galicia.

A banda da Loba tennos xa acostumados ás musicalizacións de poemas das figuras máis representativas da nosa cultura. Con Xela Arias, á que afirman ter como unha das súas grandes referentes, non podía ser diferente. Hasme oír será, polo tanto, unha homenaxe á gran poeta e muller transgresora que foi a homenaxeada o Día das Letras Galegas 2021.

Galego

Korrontzi

O cuarteto musical vasco Korrontzi de música tradicional contemporánea presentará cun concerto en Mos, «Koplariak» o seu décimo disco.

Nos seus dezaseis anos de carreira, Korrontzi converteuse no escaparate das tradicións vascas por todo o mundo, dando a coñecer o eúscaro, a danza e a música vasca, nos festivais máis importantes de ?World Music?.

Con este novo traballo, o cuarteto vasco volve ás raíces, outorgando o lugar que merece á koplagintza, dentro da música tradicional.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto