Jazzlisa. A nosa voz de sempre nas nosas voces de hoxe. De Alfonso X a Xela Arias
Jazzliza é un proxecto da Big Band do CSM da Coruña coa dirección musical de Alberto Conde e un interesante conxunto de artistas invitados: Silvia Alonso, Xurxo Fernández e Nilaila, Bea García, Carmen Rey, Diana Tarín e Xurxo Souto.
Jazzliza: Galiza e o Jazz da man, enxertados neste espectáculo. Textos imprescindibles da poesía galega de sempre vibrando en clave de Jazz, en composicións orixinais directamente inspiradas neles e encarnadas na voz desa selección de intérpretes que expresan a variedade e a riqueza da actual creación musical entre nós.

