Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Festival TerraCeo: Kutxi Romero e Los Motores

A xira por toda España de KUTXI ROMERO e LOS MOTORES é unha alianza perfecta para escoitar en acústico. Despois do éxito de MAREA na xira do 2019, KUTXI embárcase en teatros e pequenos formatos para satisfacción do seu público pola proximidade co artista. LOS MOTORES lanzan a súa xira de despedida en acústico e eléctrico presentando o seu novo disco. Unha simbiose de gran calado entre as hostes rockeiras de todo o país.

Galego

Festival TerraCeo: The Soul Jacket

O rock vigués con acento máis americano tomarase a Terraza do Auditorio Mar de Vigo. Chegan The Soul Jackets para despregar a proposta coa que se abriron un camiño propio na música: unha sonoridad que bebe de ritmos como o rock and roll, o blues ou o soul, e que tamén dialoga con The Kinks ou The Beatles. Este ano gravaron o seu quinto disco: ” Let me caseta”. Coas súas cancións, e co mellor do seu repertorio, chegan ao Festival TerraCeo.

Galego

Festival TerraCeo: Juancho Marqués

Juancho Marqués é un referente no panorama nacional da música urbana. Sempre explora. Sempre cálido. Con esa poética que flúe da electrónica ao pop. E chega con toda esa enerxía aos atardeceres de TerraCeo do Mar de Vigo, nunha Galicia na que gravou algúns dos seus temas máis especiais. Juancho Marqués presenta en Vigo un repertorio ao que engadiu, no ano da pandemia, novos éxitos tan virales como interesantes.

Galego

Festival TerraCeo: Pol Granch

Pol Granch é unha das novas sensacións da música en España. Logo do seu exitoso paso por Factor X en 2018, os EPS e os singles que publicou en 2019 e 2020 tiveron unha excelente acollida. Agora preséntaos ao Festival TerraCeo, no Auditorio Mar de Vigo, en concerto ao aire libre nun concerto no que tamén interpretará temas do seu próximo disco debut: ‘Tengo que calmarme’.

Galego

Festival TerraCeo: Kevin Johansen

Hai quen asegura que cada canción de Kevin Johansen é un percorrido polo mundo. É coherente coa vida dun artista que nació en Alaska, viviu en Uruguai e Arxentina, e comezou a abrirse paso na música en New York. Chega ao Festival TerraCeo do Auditorio Mar de Vigo en formato guitarra e voz para encher o atardecer de cancións eclécticas, sutís e cunha forte raíz das músicas americanas.

Galego

Festival TerraCeo: Os Resentidos

Os Resentidos presentan na terraza do Auditorio Mar de Vigo o seu primeiro álbum de estudio dende 1993. ‘Organización Nautilus’ é unha colección de novas cancións, ritmos contemporáneos, novas sonoridades e historias nas que se cruzan o capitán Nemo ou o tesouro de Rande. É, seguramente, unha das grandes citas musicais do ano en Galicia. Son Os Resentidos. Están de volta. O seu Nautilus comeza a súa singradura de TerraCeo.

Galego

Festival TerraCeo: Baiuca

Poucos sitios mellores que a Terraza do Auditorio Mar de Vigo, coas Cíes de fondo, quizais ningún, para vivir a experiencia Baiuca, ese proxecto folktrónico no que resignifica os códigos da música tradicional galega a través dunha mirada absolutamente actual e contemporánea. Antes de que o mundo parase por Covid, a proposta de Baiuca colgaba o cartel de ‘ Sold Out’ en Madrid ou en París. Música, tecnoloxía, vídeocreación, tradición, sons electrónicos, ocarinas… e a Ría de Vigo ao fondo. Así será a noite de Baiuca en TerraCeo.

Galego

Maneiro + Rober Carcos

Rober Carcos é un artista vigués cunha proposta musical baseada nas CANCIÓNS, con maiúsculas, e influencias que van desde internacionais como Tom Petty, Rolling Stones, The Band, ou The Black Crowes ata bandas en castelán como Os Rodríguez, Preguiza, Ragdog ou Iván Ferreiro. En decembro de 2018 estrea o seu primeiro álbum, 96(xa en Spotify), gravado nos Estudos Litium de Pontevedra e producido por Carlos Hernández (quen foi produtor de de Os Planetas, Triángulo de Amor Bizarro, Preguiza, Leiva, Sidecars...), emprendendo así unha xira de presentación.

Galego

Festival TerraCeo: Carlos Sadness

O barcelonés Carlos Sadness cruzou as fronteiras nacionais, rompendo récords de venda en Latinoamérica, onde as entradas voan en tan só uns minutos.

A poesía das letras das súas cancións que tan ben combina coa súa música labráronlle unha hoste de seguidores que elevan as súas cifras de reproducións en Spotify  ata o infinito e máis aló, superando amplamente o millón e medio de oíntes mensuais.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto