Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Brassica Rapa

Brassica Rape ofrecen un espectáculo moi variado que mestura música instrumental e vogal coa multipercusión. O seu repertorio vai de grandes éxitos do pop á música tradicional galega, pasando por temas máis jazz, música actual reivindicativa ou bandas sonoras de películas. Recollen sobre todo influencias das brass bands neoiorquinas, pero tamén das big bands ou das charangas tradicionais. As compoñentes veñen de distintos percorridos dentro do mundo da música, e de agrupacións como Liska!, Banda Xangai, Timparrantela ou Biribirlocke.

Galego

Battosai

Battosai son Héctor, Nolo e Roque, tres milennials aos que lles gustaría pertencer á Xeración X. Así, cansados de vivir neste mundo en Alta Definición compramos un Delorean na deep web co obxectivo de viaxar no tempo para traer do pasado a música da nosa infancia. Mediante composicións propias plasmamos o son de bandas de rock dos 90 como son Smashing Pumpkins, Nirvana ou Soungarden, pero cun prisma máis actual. Unha boa dose de muros de guitarras e de melodías desgarradoras, á vez que pegadizas, que crean o ambiente perfecto para letras de caracter existencial.

Galego

Mon Band

Mon comeza a súa andaina musical a finais de 1999, cando forma Lombardi, banda que é fichada por Warner Music. Nesta formacion, publica un disco, Lombardi Un e realiza unha xira por toda España, con artistas da talla de Weezer, The Cranberries e Dover.

Tras a disolucion da banda, Mon é fichado por Xesten Feiser Records, e emprende a súa carreira en solitario, co disco Aprendiendonos, que conta con Afasto Estivel como produtor, e coas colaboracións de Ivan Ferreiro e Preguiza..

Galego

Fran Vázquez

Un dos mellores vocalistas do noso panorama rockeiro, Fran Vázquez anuncia que vai facer unha xira de celebración dos 25 anos que cumpre no mundo da música. Fran, na actualidade, lidera o proxecto Cherokee, co que está a piques de publicar novo traballo e pasou por Nova Era e Katie King. Pero mellor deixámosvos coa nota de prensa que nos pasaron para máis detalles:

Galego

Escuchando elefantes

Escuchando Elefantes son dúas voces que chegaron a soar como unha.

A dinámica e forza que transmiten ao público coas súas cancións débese á súa paixón por tocar na rúa, na que se formaron como músicos. Percorreron Europa compartindo experiencias con músicos como os oscarizados Glen Hansard e Markéta Irglová, Paddy Casey, Damien Rice, Bono (U2), Lisa Hannigan, Hozier, Kodaline e Sinead Ou?Connor, entre outros.

Galego

Los Eternos

Os Eternos son unha banda que fusiona o rock and roll clásico e o country máis puro. A súa formación remóntase a unha noite calquera do 2003 na que Cudi (guitarra, harmónica e coros) e Chewis (guitarra e dobro), o cal acababa de deixar a Rock A Hulas, deciden poñer en marcha unha nova formación coa que gozar facendo o que máis nos gusta, rock and roll. Ambos tocaran xuntos unha chea de anos en Vos Maruxa e Malostragos.

Galego

The Kleejoss Band

The Kleejoss Band gravaron o seu quinto disco en catro días (do 1 ao 4 de novembro) nos estudos Guitar Town, con Hendrik Röver aos mandos. O resultado é O Segredo, nove cancións gravadas en directo, xurdidas da espontaneidade e inmediatez, cargadas de positivismo, enerxía e esperanza. Puro estilo Kleejoss. O propio Hendrik Röver fíxose cargo da mestura e masterización, respectando esa buscada bela imperfección, nuns tempos que se prima máis ao envoltorio que á alma da canción.

Galego

Schizophrenic Spacers

Despois de poñer de acordo a crítica e fans co dobre It Better Be Good, gravado en Guitar Town xunto a Hendrik Röver, Schizophrenic Spacers volven á carga por partida dobre: novo álbum e xira 20 aniversario. Moito tempo pasou desde que a banda dese os seus primeiros primeiros pasos na escena barcelonesa e abrise para artistas como Fishbone, Ian Hunter ou Wayne Kramer, pero todos estes anos serviron para consolidalos como un referente estatal, pois os seus concertos non deixan indiferente a ninguén e actualmente o cuarteto atópase no seu mellor momento.

Galego

Leather Boys

Rebirth abre o plástico deixando claro o que temos diante: hard rock anello, macarra e rueiro, con coros que levantan os ánimos e unhas excelentes guitarras. Séguelle o tema homónimo e single que como digo, é unha homenaxe aos anos 70, a forma de vivir nesa época e nomeando algunhas das bandas que definiron esa década e que son inspiración da formación asturiana como KISS, RAMONES, CHEAP TRICK ou BLACK SABBATH. Destacan as xeniais liñas de baixo, o seu refrán e o bo rolo que desprende.

Galego

Galifunk

Galifunk ten como finalidade formar parte da cultura musical do país, dando un punto de vista diferente ao estilo de música ao que se soe asociar a súa formación instrumental, apostando sempre polo bo gusto e por sorprender con temas que nunca se esperarían dunha agrupación destas características, ofrecendo un espectáculo moi variado, inteprertando temas onde predomina a improvisación, ritmos pegadizos, a virtuosidade e incluso pequenas incursións ao rap.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto