Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Pablo Milanés

Pablo Milanés, un dos principais expoñentes da canción de autor en español seguirá presentando a súa xira Esencia, un proxecto que tivo unha excelente acollida e deulle grandes satisfaccións en escenarios de Europa e América nos últimos dous anos.

Galego

Martins Aneiros Band

A Martins Aneiros Band xorde da unión da cantante Paula Martins, quen fose voz da Big Botton Band, e de Víctor Aneiros, guitarrista galego que suma xa oito discos ás súas costas.

O pasado verán a cantante apareceu como convidada do grupo do ferrolán nas súas actuacións no Fisterra Blues Experience e o Discalzos polo Festival, aínda que o inicio desta alianza musical remóntase a fai máis dunha década.

Galego

Xoel López

Xoel López será o próximo artista que nos fará gozar da súa música no ciclo de concertos Galicia Emerxe. CRTVG puxo en marcha este festival como iniciativa para dar visibilidade á música galega. Ademais, este proxecto de raíces galegas nace como apoio ao sector musical, un dos máis afectados polo covid-19 e as restricións sanitarias.

Galego

Marem Ladson

Marem Ladson está a ser un das grandes revelacións da música española dos últimos tempos. Tras debutar na primavera de 2018, cun primeiro álbum homónimo que cultivou críticas entusiastas, participou nunha infinidade de festivais.

Galego

Stay Homas

Stay Homas son, indubidablemente, o fenómeno musical do confinamento. O proxecto, nacido nesta etapa tan difícil, conseguiu animarnos coas súas confination songs, que contaron coa participación outros artistas soados como Manu Chao, María José Llergo e Judit Neddermann. O trío formado polos compañeiros de piso Klaus, Guillem e Rai esgotou as entradas do seu concerto na Sala Apolo tan só dez minutos despois de anuncialo nas súas redes sociais e Michael Bublé xa ha versionado unha das súas cancións. A súa espontaneidade e bo rolo contáxianse con moita facilidade!

Galego

Psychlona

Sen dúbida era un dos atracones ao stoner preparados para este verán e hoxe aquí estamos para celebralo en toda a súa inmensidade, e o mesmo día do seu lanzamento oficial vía Ripple Music e Cursed Tongue Records.

Todos uns demos do fuzz como eu mesmo bauticei, unha desas bandas para coroar o gran 2020 que levamos desde as terras británicas, e que recentemente asistimos ao último dos mazos co debut de Sound Of Origin anticipado no día de onte.

Galego

Nostálgica

NOSTÁLXICA é un grupo formado por Diego Piñeiro (guitarr ai voz), Carla Romalde (voz), Luís Fernández (batería) yLupo (baixo).

Esta banda formouse en febreiro de 2020. Versionan a todosl vos artistas que nos traen a nostalxia da música que que fixeron no pasado. Algúns exemplos son Bonnie Tyler, Joaquín Sabina, Os Segredos, Jason Black, etc?

Galego

Bala- Galicia Emerxe

O mes de marzo terminará na televisión de Galicia coa emisión da actuación de Bala  no ciclo de concertos Galicia Emerxe. Este festival nace como iniciativa de RTVG  para dar visibilidade á música e aos grupos galegos. Ademais, pretende mostrar o seu apoio ao sector musical, afectado polo covid-19 e as restricións sanitarias.

Bala nace cunha motivación moi clara, dar renda solta ás ganas de facer ruído e moverse por aí. Un ruído, que segundo elas, ?lembra a moitas cosas pero non é ningunha en concreto?.

Galego

Son Trío- Galicia Emerxe

Son trío será a próxima agrupación de músicos galegos cuxo concerto se emitirá  na primeira cadea de TVG  no ciclo de concertos Galicia Emerxe. Este festival nace como iniciativa de RTVG  para dar visibilidade á música e aos grupos galegos. Ademais, pretende mostrar o seu apoio ao sector musical, afectado polo covid-19 e as restricións sanitarias.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto