Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Andrea Pousa

En outubro de 2016, Andrea Pousa, é a cantante encargada de interpretar o Himno de Galicia no Estadio de Balaídos (Vigo), no derbi galego Celta de Vigo Deportivo da Coruña.

En maio de 2017, preséntase O Himno por Andrea Pousa acompañada dunha Orquestra Sinfónica. Un proxecto audiovisual, ideado e producido por Queiman e Pousa, onde se mostra a Historia do Himno de Galicia, en homenaxe a todos os emigrantes e a todos os galegos que defenderon e defenden a identidade galega.

Galego

Baiuca

Baiuca foi o primeiro nome confirmado para os concertos das festas de San Roque de Vilagarcía de Arousa. No concerto no que interpretará temas de folk electrónico do seu disco «Solpor».

O artista asolagará o parque da Xunqueira co seu innovador folk electrónico, sempre que a pandemia permítao.

Galego

Xurxo Souto

No 2020 resumiu nun libro estes trinta anos de escenario e ruta: PANGALAICA. Argumento principal do que esta tarde vos quere contar…

Músico e escritor. En 1988 comezou a colaborar en diferentes medios de comunicación, nomeadamente na radio, onde conduciu os programas  "A Tropa da Tralla" ( Radio Coruña) ou "Aberto por Reformas" ( Radio Galega).

Galego

Xurxo Fernandes

Levaino! é o novo traballo de Xurxo e exhórtanos a facer unha viaxe pouco coñecida que parte do Mediterráneo Oriental e remata en Galicia, presentando os vínculos que unen ambas tradicións orais.

Cunha voz cálida, potente e chea de matices e expresividade, Xurxo Fernandes móvese con gusto e perfección polo cromatismo propio destas dúas ricas e variadas tradicións orais.

Galego

Adolfo FH

Adolfo FH é un guitarrista, vocalista, compositor e produtor e forman de Stoned At Pompeii, ademais de colaborar cunha extensa lista de grupos e artistas tanto en directo como en estudo.
Adolfo FH caracterízase por participar en grandes festivais, en diferentes musicais e en diferentes viras tributos, etc. Sendo a súa banda principal Stoned at Pompeii que irrompeu na escena musical como unha apisoadora, co seu primeiro disco ?Ancroidal?. Mesturado e producido por propio Adolfo FH.

Galego

Alberto Vilas

Naialma é o primeiro traballo en solitario de Alberto Vilas, o mais íntimo e persoal, con temas que foron crecendo dentro del ao longo do tempo e que agora saen como do ventre dunha nai. Por isto titúlase Naialma, xogo de palabras que remite ás denominacións galegas de nai e alma.

Galego

Jacob Collier

Jacob Collier (Londres, Reino Unido; 2 de agosto de 1994) é un músico inglés, cuxo estilo fusiona elementos dunha variedade de xéneros musicais, e a miúdo presenta un uso extremo da harmonización.

En 2012, os seus vídeos en pantalla dividida de cancións populares, como "Don't You Worry 'bout a Thing" de Stevie Wonder, comezaron a facerse virais en Youtube. En 2014, Collier asinou coa compañía de Quincy Jones e comezou a traballar no seu vehículo de actuación en vivo audiovisual para un só home, deseñado e construído no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts. 

Galego

Ramona Órbita

Os nenos e nenas de Sober bailarán e escoitarán  a historia de Ramona Órbita, unha muller posuidora dunha horta cibernética e dunha perfeccionada  máquina do tempo que os levará de viaxe pola Prehistoria, o Medievo, o Renacemento, a China Imperial, ou mesmo ao futuro, con moitas aventuras para toda a familia.

Galego

Modulador de ondas

Modulador de Ondas é o proxecto do compositor, thereminista e guitarrista Paulo Pascual, o músico que lle pon a banda sonora ao documental Negro púrpura, de Sabela Iglesias e Adriana P. Villanueva, que se pre-estrea nesta edición da MICE. Trátase da primeira banda sonora composta a partir dun theremin para un filme no Estado.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto