Morodo & Ganjahr Family
Ganjahr Family é un grupo formado por Daniel Canela a.k.a. Nivel Canelow e Pablo Lenda a.k.a. Donpol, nacidos o 9 de marzo de 1984 en Cádiz e o 4 de abril de 1987 en Vigo, respectivamente.
Tras participar en varios e diferentes proxectos musicais, ven atraídos pola música jamaicana e a súa cultura en torno ao ano 2000, pero non é ata 2004 cando Nivel Canelow funda o colectivo, co que empeza a cantar por diversos festivais por boa parte do territorio nacional.
A mediados de 2005, e despois dalgunhas colaboracións co grupo, Donpol entra a formar parte del.

