Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

The Bo Derek’s

The Bo Derek's publicaron o ano pasado o seu LP de debut "10", aclamado unanimemente por medios e público, ansiosos por deixar ao carón todas as moderneces baleiras que nos axexan e con ganas de mergullarse no "old school rock'n'roll" que estes malfeitores facturan con enerxía e mestría a partes iguais.

Neste tempo fixeron máis quilómetros que no París - Dakar, tocando en salas por toda a pel de touro e deixando exhausto e eufórico ao público que tivo a sorte de cruzarse no seu camiño.

Galego

Diana Tarin

Diana Tarín resume na súa propia persoa a riqueza da cultura musical da súa Cuba natal.

Afrocubana, cantante e pianista. Filla e neta de músicos de renome na súa illa, con tan só 17 anos xa integraba a nómina de diferentes agrupacións femininas que viaxaron a diferentes países, principalmente en Europa, como vocalista, pianista e intérprete de percusión.

Galego

Banda Nelson Quinteiro

Aupá! é o nome da nova proposta musical e banda de Nelson Quinteiro que xorde da súa unión cos músicos Álvaro Cardalda  (Os Terribles de Arousa, Sanjurjo e Dopico, A Quenlla) Iago Prieto (Fiadeiro, Traspés, Corisco, Queixumes), Xan Pérez (Traspés, Los jinetes del Trópico, Son de Seu…) e na que Nelson Quinteiro  aporta voz, ukelele, caixón flamenco, percusións tradicionais, pedais de loop, etc.

Aupá! proponnos un son divertido e bailable, creando unha experiencia ideal para maridaxes do máis variado.

Galego

Dirty Lovers

Dirty Lovers é unha banda de versións de clásicos do rock británico e americano dos anos 60 e 70, formada en 2020 por músicos profesionais que a compaxinan con bandas como The Hendersons, Blackstereo, Greenwater, Remember Queen, A Supersonic, etc

Galego

Extra!

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Museo do Mar de Galicia conmemoran o Día das Letras Galegas coas familias de Vigo mediante dous encontros musicais arredor do último disco de Paco Nogueiras, un xornal auditivo onde a actualidade se converte en melodía e canción cargada de ritmo, bo humor e diversión: información de todas as temáticas, opinión, pasatempos... noticias que entran polos ollos, as mans e as orellas!

Galego

Extra!

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Museo do Mar de Galicia conmemoran o Día das Letras Galegas coas familias de Vigo mediante dous encontros musicais arredor do último disco de Paco Nogueiras, un xornal auditivo onde a actualidade se converte en melodía e canción cargada de ritmo, bo humor e diversión: información de todas as temáticas, opinión, pasatempos... noticias que entran polos ollos, as mans e as orellas!

Galego

Santervás

Ola, son Santervás. Teño 16 anos e levo traballando na miña música desde os 11. Compoño, canto e produzo desde pequeniño e sempre me gustou moito a música. Na miña casa, desde que nacín sempre tiven un teclado que o meu pai comproume para que investigase con el, aí fixen os meus primeiros pasos. Aos 6 anos, fun a unha escola de música do meu pobo. Apunteime a piano e namoreime del. Desde entón continúo tocando e compoñendo a piano.

Galego

Los Pontiaks

Los Pontiaks son un trío vigués composto por André-Loud Rider (guitarra), Mr. Cobra (contrabaixo) e Billy King (batería), un dos grandes personaxes da escena galega, membro de formacións como Os Cafres ou The Killer Barbies.

Galego

Furtivos

Furtivos é unha banda viguesa que se formou a comezos dos anos 2000 , pero despois de varios intentos e a gravación dunha canción nun CD recompilatorio de bandas do momento separouse. No 2018 Juan Díaz e Valerio Araujo volveron xuntarse para formar o que hoxe é FURTIVOS.
Todas as cancións están pensadas para o estilo do grupo .
Valerio Araujo.. Voz
Juan Díaz, Baixo e voces
Pablo López, Guitarra
Juan Cervantes, Batería.

Galego

Cloaca

A súa música é unha mestura de garage, punk e surf, xeniais temas punkgarageros cheos de crueza, enerxía e poderío instrumental. Viscerales pílulas de rock & roll cavernícola con tremenda interpretación vocal, riffs demoledores e potentes baterías. Soberbios trallazos de garage punk de maxistral e vibrante execución. Tenebrosas e directas pílulas de son compacto e rochoso que van directas ao teu cerebro e fanche mover o esqueleto ao ritmo primitivo do unga unga.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto