Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Los Pontiaks

Los Pontiaks son un trío vigués composto por André-Loud Rider (guitarra), Mr. Cobra (contrabaixo) e Billy King (batería), un dos grandes personaxes da escena galega, membro de formacións como Os Cafres ou The Killer Barbies.

Galego

Furtivos

Furtivos é unha banda viguesa que se formou a comezos dos anos 2000 , pero despois de varios intentos e a gravación dunha canción nun CD recompilatorio de bandas do momento separouse. No 2018 Juan Díaz e Valerio Araujo volveron xuntarse para formar o que hoxe é FURTIVOS.
Todas as cancións están pensadas para o estilo do grupo .
Valerio Araujo.. Voz
Juan Díaz, Baixo e voces
Pablo López, Guitarra
Juan Cervantes, Batería.

Galego

Cloaca

A súa música é unha mestura de garage, punk e surf, xeniais temas punkgarageros cheos de crueza, enerxía e poderío instrumental. Viscerales pílulas de rock & roll cavernícola con tremenda interpretación vocal, riffs demoledores e potentes baterías. Soberbios trallazos de garage punk de maxistral e vibrante execución. Tenebrosas e directas pílulas de son compacto e rochoso que van directas ao teu cerebro e fanche mover o esqueleto ao ritmo primitivo do unga unga.

Galego

Eternal Idol

The Eternal Idol é o decimotercer álbum da banda de heavy metal británica Black Sabbath, lanzado en 1987. É o primeiro álbum da banda en que aparece Tony Martin. O álbum ía ser gravado orixinalmente polo vocalista Ray Gillen, quen deixou a banda pouco despois das primeiras sesións de gravación en Montserrat  co produtor Jeff Glixman. Contrataron a Martin e reconstruíron as partes vocais pouco antes de acabar a produción.

Galego

Caamaño & Ameixeiras & amigxs

Caamaño-Ameixeiras son unha parella de aves que emiten sons de forma asombrosa que xeralmente aprenden das súas viaxes de marisma en marisma e que logo transmiten ao resto de aves da mesma especie. Son un sopro de aire fresco dentro do panorama musical de Galicia
(Festiletras)

Este duo formado por Antía Ameixeiras (violino) e Sabela Caamaño (Acordeón cromático) centrase nos ritmos folk europeos, centrados nos balcáns e a súa zona de influencia, vistos sempre dende unha perspectiva galega.
Para non perder!!
 

Galego

Iván Caride

Iván Caride é un músico e compositor galego que estivo involucrado no mundo da música desde que era un neno. O seu gusto pola música comezou a desenvolverse desde moi temperá idade debido á influencia do seu pai, Miguel Caride, que o mergullou no mundo musical da man dos máis clásicos como Peter Gabriel, Genesis, Pink Floyd, Led Zeppelin, Queen, The Eagles, The Beatles; e chegando á música máis actual de Coldplay ou Keane.

Galego

Héctor Lorenzo

Guitarrista e cantante compostelán que colabora con distintos músicos galegos como Uxía, Quim Farinha, Carmendor ou Pablo Seoane, e que tamén toca coa cantante Najla Shami, Héctor Lorenzo prepara actualmente un traballo conxunto que proximamente verá a luz. Mentres tanto, nesta actuación en Lugo ofrecerá música da súa autoría en galego, ou o que é o mesmo, bossa nova e jazz vocal.

 

Galego

Joel Padin

Aughas Mortas é o primeiro traballo de Joel Padin, a nova promesa da música folk galega. Neste álbum Joel Padin recolle pezas tradicionais puras, así como adaptacións das mesmas para darlle un aire máis xuvenil, sempre dende o máis absoluto respeto as informantes das recollidas. Son 13 cancións recollidas por Carlos Rey nos anos 80 en diferentes puntos de Galicia.

Galego

Secho

Secho escribía cancións para si mesmo desde os albores deste século ata que en 2009 a banda Medomedá, coñecedora destes tesouros agochados, convídao a abrir un dos seus concertos en Compostela. De aí xurdiron outras actuacións, colaboracións e tamén a primeira formación, composta por músicos de Medomedá e Ruxe Ruxe.

Galego

Siloé

Siloé debuta en 2016 con “La Verdad”, sorprendendo na escena española actual de bandas indie pop grazas ao talento vocal do valisoletano Fito Robles, un dos poucos españois bolseiros na a prestixiosa universidade de Boston Berklee College of Music.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto