Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Aló Django Cuarteto

Aló Django é un proxecto galego que busca a inspiración no jazz e na música dos xitanos manouche centroeuropeos: o chamado gypsy swing, un estilo, lírico, alegre e acústico cuxo máximo representante é o mítico guitarrista Django Reinhardt.

Ademais Aló Django é un show divertido máis alá do estritamente musical, coa a interactuación cómica co público, enfiando así música con xéneros escénicos de entretemento como o cabaré ou o music-hall, deonde veñen parte do seus integrantes.

 

Galego

Best Festival 2021 (Reggae)

Ricky Hombre Libre (Galicia):
É un artista galego en Santo Domingo. Compoñente de grupos como Ámbito Kinitoh e Seissenseis. Comezou a súa carreira en solitario en 2014. En 2017 publicou o seu primeiro disco “La Estrategia de la Tortuga”. En novembro de 2019 publica o seu segundo e máis recente disco “La Semilla de Bambú”, que vén a presentar no Bless Festival e que o situou como un referente dentro do panorama hip-hop nacional.

Galego

Tony Lomba

O repertorio seguiría a mesma liña que en Tony Lomba e o seu atril, cun 75% de temas de música lixeira "pode haber algunha petición, segundo os gustos, pero trátase de respectar a pinza do meu público".
A invitación está no aire e tal e como recolle no seu muro, "se lle apetece unha festa de música lixeira e despois un belisco de baile", contáctase a través de Facebook. 

Galego

The Rapants en concerto

The Rapants é unha banda de surf garaxeiro, nada o pasado ano, e que xa sae de xira. Veñen de dar dous concertazos en Muros e Louro, e quedan con máis gañas de presentar o seu primeiro traballo, gravado da man de Teen Records. Por iso xa teñen armada unha xira polas capitais: o 31 de xaneiro na Sala Sonar en Santiago de Compostela e o 8 de febreiro en Madrid na Sala Republik, da mesma Gran Vía.

Galego

Matinais Musicais: Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia

O ciclo péchase coa participación do Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia, unha das formacións vocais máis sólidas da Comunidade. Teremos oportunidade de escoitar a este coro e a capella sen a orquestra a que normalmente acompañan. O programa escollido fai un percorrido polos principais estilos musicais dende o barroco á música contemporánea.

Galego

Matinais Musicais: Quinteto de Metais da Orquestra Sinfónica de Galicia

Continuando coa liña instaurada polas Matinais Clásicas no pasado 2020, este outono iniciamos un novo ciclo musical que levará á realización de tres actuacións nos meses de novembro e decembro.

Nesta volta, contaremos coa colaboración da Orquestra Sinfónica de Galicia, que a través da súa Brass Band e do Coro, traerán Jazz e música a capella ao Museo Centro Gaiás os días 14 de novembro e 12 de decembro respectivamente. Para completar o ciclo, propoñemos unha residencia artística, que terá como froito unha peza de nova creación que se poderá ver o domingo 21 de novembro.

Galego

Concerto de Daniel Rodríguez

Iniciou os seus estudos musicais no conservatorio de música Jose Anxo Lamas en Caracas, cidade na que comezou a estudar batería co distinguido profesor José Mato. Aos 21 anos trasládase a Madrid e asiste a unha masterclass con Marko Djorjevic que lle aconsella continuar a súa preparación técnica co profesor Daniel Podador egresado do Drummers Collective de New York quen comparte os seus ensinos e libros cos que continuaría a súa aprendizaxe de maneira autodidacta.

Galego

Mikel Erentxun

O voo de Mikel Erentxun 35 anos despois. O artista revisita case catro décadas de cancións nun dobre disco de dúos, Amigos de Guardia, con máis de 20 músicos de xeracións distintas Mikel Erentxun sentía que con El último vuelo del hombre bala (2019), o terceiro disco da súa triloxía gravada nel Puerto de Santa María con Paco Tolo, pechaba o ciclo trazado con Corazones e logo con El hombre sin sombra. Era o momento de pensar ben cara a onde seguir camiñando nesa procura constante que lle caracteriza.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto