Concerto de In Style Of
Concerto de música que forma parte da programación Música en Salas

Concerto de música que forma parte da programación Música en Salas
Concerto de música que forma parte da programación Música en Salas
Falar dos irmáns Freiría, Justo e Jose, é falar de música. Os seus inicios remontánse á súa xuventude, cando pasaban as tardes tocando xuntos. O tempo vai pasando, as ideas xurdindo, e coa chegada de Rubén, un amigo baxista, consolídase o núcleo do que será Habitación Vudú. Son varias as formacións coas que se busca un estilo e un son propio, pero coa particularidade de conservar sempre o núcleo da banda.
É no 2010 cando se cruzan os camiños destas catro mulleres de ampla traxectoria no mundo da música tradicional, para crearen o proxecto: Habelas Hainas.
Coas mesmas inquedanzas musicais e vitais, forman un quebracabezas onde os catro elementos se xuntan e complementan de xeito persoal.
A súa versatilidade vai alén do feito de seren multinstrumentistas, e lévaas a explorar outros eidos artísticos poético-teatrais, facendo de cada espectáculo
POR FIN 200 RAZÓNS ACABA DE CHEGAR. ESTE DISCO FALA DE AMORES, DE GUERRAS GAÑADAS, OUTRAS PERDIDAS, DOS VALORES DA BOA XENTE E, SOBRE TODO, DOS 200 MOTIVOS QUE TIÑAMOS PARA CREAR ALGO ASÍ POR NÓS MESMOS.
PUNTO DE VENDA FÍSICO BAR PACO EN CASTRO RIBEIRAS DE LEA E O DOTMAS BAR EN LUGO . TAMÉN ESTARÁN Á VENDA EN CADA UN DOS CONCERTOS E EN TODAS As PLATAFORMAS DIXITAIS.
NON VOS ESQUEZADES QUE TODO ISTO É GRAZAS A VÓS! GRAZAS RAPACES!!
A formación actual consta de Ton Eirín na voz principal, guitarra e armónica, JC Nogueira á guitarra, Marcos Pazo á batería e Javi Vaamonde ao baixo e
voces.
EXIT é unha banda de versións nacida no 2008. Orixinariamente creouse para ser o grupo residente da prestixiosa sala Mardi Gras da Coruña, un dos clubes de música en directo máis importantes do territorio nacional. É alí onde desenvolveron a maior parte da súa actividade, tocando cada noite de xoves e colleitando moitos cheos e unha lexión de admiradores.
Flores y Escombros, é un álbum composto por primeira vez enteiramente en castelán de Chloé Bird e co galego, Pablo Lesuit como produtor.
Chloé Bird, é unha compositora e intérprete multidisciplinar. Influída pola súa formación clásica e en arte dramática, a súa música caracterízase por un estilo luminoso á vez que dolorido, maduro, cunha presenza moi forte da súa voz e o seu piano, mesturados con arranxos de corda preciosistas, rasgueos de guitarra e pequenas pinceladas de electrónica.
Broa: Nacida en novembro do 2009 en Compostela, Banda Broa trata de mesturar os sons tradicionais galegos coas novas tendencias, sacando a relucir a súa particular visión da música, sen máis pretensións que crear a música que lles apetece, fuxindo de prexuízos e ataduras. O repertorio do quinteto baséase en composicións propias e pezas tradicionais arranxadas polo grupo. Acaba de gravar a súa primeira maqueta.
Gravesen: Banda de stoner/grunge formada por Javi Amandi, Jacobo Castro, Moisés Araújo, Raúl Lage e Miguel Miguélez.
Lle BarLuthier é un pianobar literal e itinerante, un piano sobre o que se serven copas con música swing en directo.
Unha viaxe no tempo aos 30s, 40s e 50s. Un espazo móbil de dobre utilidade: música e bebida, ideal para eventos.
Nestas xornadas nas que lembramos os anos que a familia Castro Murguía viviu na Coruña cando Manuel M. Murguía foi traballar ao Arquivo do Reino de Galicia en 1871. Fano entre 1871 e 1874, na casa número tres da rúa do Príncipe. Alí naceu a única filla coruñesa do matrimonio: Amara (1873-1921).