Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Ricardo Arjona

Ricardo Arjona, o máximo expoñente da música latina, volve a España na súa xira máis exclusiva.

Por primeira vez en teatros en España, percorrerá as cidades máis importantes onde presentará os seus novos álbums Blanco y Negro, ademais de facer un repaso polos éxitos máis emblemáticos da súa fulminante carreira.

Un momento excepcional onde o público poderá gozar dunha cercania e experiencia única co artista.

Galego

Nacho Vegas

Como cantautor, recoñécense en Nacho Veigas as influencias de Will Oldham, Nick Cave, Leonard Cohen, Nick Drake, Bob Dylan, Tom Waits e Townes Van Zandt, entre outros. Explora as maneiras íntimas do cantautor na súa música, intensa pero esquiva; Os seus textos teñen un forte carácter autobiográfico, autorreferencial, é dalgún maneira postmodernista en canto recorre a referencias de discursos ou elementos doutros músicos, cineastas, escritores.

Galego

Habitación Vudú

Habitación Vudú é unha formación da Limia (Ourense) na que nos atopamos a José Freiria (guitarra e voz), Xusto Freiria (batería), Rubén Seoane (baixo) e Isidro Vidal (guitarras). ?Este proxecto nace sobre 2011 despois de que o meu irmán Xusto e eu,José Freiria, decidísemos dar orde a unha serie de ideas que tiñamos compostas. Si que é verdade que nós dúas levamos ligados ao mundo da música moitos anos. Tanto en grupos na nosa adolescencia, como profesionalmente traballando no campo da produción de espectáculos.

Galego

Bobby Martínez

Saxofonista, compositor, flautista e director de orquestra de jazz. Nacido en Filadelfia  (Estados Unidos) en 1961, no seo dunha familia descendente de cubanos. Comeza a tocar o saxo á temperá idade de 6 anos, baixo a tutela do Mestre Rolando Lluis, e é un ano máis tarde cando ofrece o seu primeiro concerto como solista no Milander Auditorium of Hialeah (Florida). Foi integrante da Hialeah High School Jazz Band, baixo a dirección de James McGonigal.

Galego

The Funkles

The Funkles é unha formación maioritariamente feminina cuxo amor por The Beatles e os ritmos funk e soul levounos a crear un universo sonoro único que sorprende e fascina a todo o que o escoita.

Desde Santiago de Compostela, The Funkles recrean o repertorio do mítico conxunto de Liverpool dunha maneira inédita, a través de novas interpretacións baseadas en arranxos funk e soul mostrando as cancións de sempre dunha forma diferente, fresca e enriquecida co selo persoal dos grandes músicos que compoñen o grupo.

Galego

Barbarian Prophecies

Barbarian Prophecies é unha banda de metal extremo afincada en Lugo (Galicia) e fundada no ano 2000. Ata a data o grupo conta con 9 traballos de estudo; 5 Lps, 2 Eps e 2 demos. Sendo o último destes o álbum Horizon que foi gravado, mesturado e masterizado en Kollapse Studio por Iván Ferro durante o inverno de 2020/2021. O disco viu a luz en dixital en agosto e proximamente estará dispoñible en CD e Vinilo. A banda tocou en numerosas ocasións dentro e fóra do territorio estatal en eventos Underground ou en grandes festivais como o Resurrection Fest.

Galego

Juan Zelada

Criado nunha contorna de músicos no que as reunións familiares consistían en Jam Sessions, non é de estrañar que Juan Zelada desenvolvese o seu talento de maneira tan frutífera. En 2006 completa os seus estudos musicais bolseiro no Liverpool Institute for Performing Artists, onde recibe de mans de Paul McCartney o recoñecemento á mellor composición da súa promoción; Smashing CD díxolle entón o ex-Beatle. Se muda a Londres e monta a banda coa que virase os seguintes anos, ademais de tocar, incombustible, en cafés, Pubs, hoteis e mesmo cruceiros.

Galego

Ruxe Ruxe

Ruxe Ruxe foron catalogados como o último grupo bravú, aínda que esta etiqueta non é do todo fiel ao grupo. A banda fórmase en Aríns (Santiago de Compostela) en 1996 e practica un rock combinado con folk e unha actitude punk. Miraron tanto a Vos Diplomáticos de Monte-Alto como a The Clash e The Pogues. Nas súas letras predomina o costumismo, o carácter social e o realismo máxico. En 1999 entregan a súa primeira maqueta, ?Ruxe Ruxe?

Galego

Sheila Patricia Trío

SIMBIOSE é o novo espectáculo de Sheila Patricia con Chucho González nas voces e batería ,Gabi Reboredo na percusión galega e voces e Miriam Rodríguez nas voces.
Trátase dunha revisión de ritmos populares galegos e de outros lugares do mundo que, fusionadoscon electrónica dan lugar a un novo formato onde o ritmo e o movemento toman todo o protagonismo.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto