Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Banda Xangai

A Banda Xangai é moito máis que un grupo: colle prestado o alcume do tren que durante décadas uniu Galicia e Catalunya. Ese intercambio humano, social, cultural e artístico entre o Atlántico e o Mediterráneo é o fío condutor dunha iniciativa única da que xa xurdiron festivais poéticos ou formacións musicais e que viviu un dos seus puntos culminantes na celebración do 40º aniversario do Ateneu Nou Barris de Barcelona, o centro social máis antigo do Estado e que sempre contou cunha forte presenza da emigración galega.

Galego

Los Eternos en concerto

A proposta musical para os directos do grupo, ven dada por misturar as versións dos clásicos do Country (Johnny Cash, Hank Williams, Willie Nelson, Elvis Presley, CRC, Byrds,...)  cos temas do noso últimos disco titulado Back on the road.

Back on the road, foi editado e distribuido por WARNER MUSIC SPAIN, e obtuvo excelentes críticas y ademáis acadou diversos premios.

- 8 nominacións os PREMIOS DA MÚSICA

- 5 mellor disco do ano pola revista Mondo Sonoro.

- 2 clasificado no Noroeste Pop-Rock 2011.

Galego

Concerto de Leira

Leira é a converxencia de catro artistas que levan máis dúas décadas de convivencia en escenarios, tanto en formacións conxuntas como en foramcións paralelas, e que deciden asumir un proxecto común mesturando os seus propios caracteres para dar lugar a unha miscelánea de gustos, maneiras e estilos particulares.

Ofrece un concerto dinámico, entretido e moi interesante, aberto a unha mestura de estilos.

Este cuarteto de jazz vocal está formado por: Ana Leira (voz), Iago Mouriño (piano), Alfonso Calvo (contrabaixo) e Miguel Queixas (batería).

 

Galego

Concerto de LeSuiteBand

Formato con banda, concerto cargado de enerxía, con cancións apropiadas para o baile.

LESUITEBAND non podería  un 15 aniversario sen ter estado enriba do escenario dodel templo do Rock na Coruña. En todo este tempo estivemos preparando randes canciónss que son un gustazo poder disfrutalas cada vez que as tocamos. EStamos de novo en directo e será para levar o mellor do noso repertorio, as cancións que nos fan vibrar sobre o escenario.

Galego

Concierto de Juan Zelada

Juan Zelada en 2020 saca novo EP gravado totalmente en directo coa súa banda na casa familiar e un espazo tan especial para el, chamándoo Cercedilla Sessions.  As cancións destilan a esencia da súa banda,  composicións contrastadas, combinando soul, pop-rock clásico, e vídeos en plano-secuencia captando a maxia do momento.

O novo single Stop this car é unha chiscadela ás súas influencias anglosaxoas, e a incertidume do futuro vindeiro.

Galego

Gran Vía Music Days: Nerea Rodríguez

A artista catalá, popular pola súa participación en Operación Triunfo 2017, unha das xeracións máis exitosas de OT, chegará á cidade olívica tras publicar hai varios meses o seu novo EP e presentar hai escasos días o seu single Papallons, un tema integramente en catalán. Nerea Rodríguez logrou o soño de vivir da música. Ademais da súa carreira musical, tamén destacou pola súa participación no musical de La Llamada. 

Galego

Los Bengala

Os Bengala foron fundados en 2014 por Guillermo Sinnerman e Borja Téllez sen máis pretensións que trasnoitar e desfogarse pero o destino converteulles nun dos proxectos de Rock máis excitantes do panorama nacional. Grazas á súa desenvoltura, agresivo son e inusual formación lograron calar no público e facer un oco na escena.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto