Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Os d’Abaixo

A banda folk Os d’Abaixo fórmase no 2010 por músicos de dous dos grandes referentes da música en Galicia: Berrogüetto e Fía na Roca. Este 2020 celebrou 10º anos nos palcos no seu mellor momento artístico. O seu primeiro disco foi gravado en directo no Festival Interceltique de Lorient, sen moitas pretensións, como era na realidade a banda, nacida co fin de amenizar os bailes folk da súa cidade. Pero a aceptación foi tal, que comezaron a xirar por festivais e festas tanto de Galicia como de fóra.

Galego

Concierto de Cuchillo de Fuego

Cuchillo de Fuego móvense en parámetros musicais próximos ao hardcore en canto á súa rabiosa base guitarrera de alento punk e textura noise/post-hardcore (leáse Melvins, Jesus Lizard?). No caso do cuarteto pontevedrés a súa proposta condénsase en temas de menor duración, afiados, duros e densos como o sílex e envoltos nunhas letras incendiarias, lúcidas e tamén divertidísimas, escritas sobre papel de lixa.

Galego

Cuarta Xusta en concerto

 "Un Novo Espertar" é o primeiro traballo de estudio da banda CUARTA XUSTA, banda afincada entre A Golada (Pontevedra) e Melide (A Coruña). Este carácter de raianos dentro da propia Galiza nótase na sua música cunha proposta que raia o rock co ska e co folk.

Galego

Concerto de Carolina Rubirosa

Carolina Rubirosa é unha das compositoras e cantantes máis prometedoras de Galicia.

Compartiu escenario e traballos discográficos con artistas como Coque Malla, Miguel Ríos, Javier Gurruchaga ou Andrés Calamaro. Grabou coa Real Filharmonía de Galicia e resultadou gañadora en varios concursos, como "Revolution Unplugged" de Europa FM ou "Sonidos Mans 2019".

Recentemente foi seleccionada para representar a Galicia no Festival Liet International de Dinamarca,  e o pasado novembro actuou no stand español do WTM de Londres.

Galego

Vudú

Vudú son letras chegadas da música tradicional galega con armonías fundamentalmente Soul e R&B. Vudú é unha música íntima, elegante para grandespequenos momentos.

Galego

Concerto de Belém Tajes

Cantante, compositora e especialista en Musicoterapia.
Comezou tocando e cantando en agrupacións tradicionais e aprendendo tamén das cantigas das súas avoas, naturais da aldea de Arou, Camariñas.

Estudou violoncello no Conservatorio da Coruña e tamén gaita, na Escola de Música de Oleiros e no Conservatorio de Carballo.

Galego

Battosai en concerto

Battosai somos Héctor, Nolo e Roque, tres millennials aos que lles gustaria ter pertencido á Xeración X. Asi, cansados de vivir neste mundo en Alta Definición compramos un Delorean na Deep web co obxetivo de viaxar no tempo para traer do pasado a música da nosa infancia.

Mediante composicións propias plasmamos o sonido de bandas de rock dos 90 como son Smashing Pumpkins, Nirvana ou Soundgarden, pero cun prisma máis actual. Unha boa dose de muros de guitarras e de melodias desgarradoras, á vez que pegadizas, que crean o ambiente perfecto para letras de carácter existencial.

Galego

Barbitúricos en concierto

Coñecedores da súa absoluta falta de talento e charme, estes catro chaíñas viron a luz cando decidiron montar unha banda de rock para ver se así chegaba algo de sexo ás súas tristes vidas. Apañando discos dos Suaves, Pixies ou The Clash da colección dos seus irmáns maiores, tentaron a nobre arte do plaxio “creando” as súas propias cancións, inequívocas mostras de morro e torpeza. E coma quen fai un cesto fai cento, estes carallos revirados comezaron a dar concertos sen esquecer que o rock and roll, o de verdade, ten dous grandes segredos:

a) Pasar POUCO polo local de ensaio

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto