Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Concierto de Mundo Prestigio

Jay xa é historia. A materia prima creativa que comparten Ju, Brais, Fiz e Fer recíclase, recompón e ábrese camiño á superficie, lucindo novas formas e cores. Batería, baixo e teclado rompen relacións coa guitarra e póñense ao dispor dos samples en busca de aire fresco, veña este por onde veña. Mundo Prestixio é unha festa á que están convidados o pop, o Hip Hop, Isaac Hayes, e BadBadNotGood, na que o importante é e será sempre pasalo moi ben.

Galego

Concierto de Óscar Fojo

De Ventos e Lúas é o primeiro disco de Óscar Fojo en solitario no que conta con músicos que o levan acompañando durante moitos anos noutros proxectos como O Vello Caracol, A Patraña, Zinza, Charetas...

Neste disco hai, ademais, colaboracións especiais de moitos músicos de diferentes ámbitos musicais.

Todas as composicións son propias tanto letras como música e abarcan cantidade de estilos musicais onde se poden apreciar pinceladas de rock, folk, jazz, reggae...

Galego

Las Antonias

Destripan boleros, tangos e outras delicias fundindo as súas voces entre guitarraa, vasoiriñas melódicas e un fagot atopado. Introdúcennos con histriónico pracer no seu mundo Antoñil para facernos sentir e saber que todos somos Antonias e Antonios. Comulgando sen reparos, transmitindo nutrientes, filtrando substancias nocivas e fabricando hormonas a ritmo dunha escena obscenamente risueña.

Galego

Caamaño & Ameixeiras

Caamaño&Ameixeiras é un dúo ligado á música e ao baile de raíz. Formado por Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz) en 2018, este dúo acumula, na súa curta pero intensa traxectoria, un gran número de concertos, tanto dentro da xeografía galega, o seu lugar de orixe, como fóra dela e no ámbito internacional.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto