Que non pare a música: Carlos Sadness- La casa de los ingleses
No seu novo disco, Tropical Jesus (2020), Carlos Sadness propón unha experiencia escapista, unha utopía global na que o pop independente empápase de ritmos de África e Sudamérica, e cada canción é como unha masaxe relaxante ou unhas vacacións do abafo no que nos some a vida real. No álbum colaboraron artistas como Bomba Estéreo, aínda que o achado máis potente está en Isla Morenita, a canción estrela e tamén o concepto que agora unifica toda a experiencia cando leva ao directo.

