Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Susie Q's en concerto

A proposta musical da banda, basease nun potente directo cargado de enerxía a base de descargas constante do mellor rock and roll e blues, mantendo unha continua interacción co público asistente, desgranando una serie de cancións que abarcan dende temas socialmente comprometidos ata pequenas e conmovedores historias persoais que poden acontecer na vida cotiá de cada un de nós.

Galego

Sumrrá en concerto

Sumrrá son Manuel Gutiérrez ó piano, Xacobe Martínez Antelo ó contrabaixo e LAR Legido á batería. Nos algo máis de 20 anos que levan xuntos, deixan atrás concertos por 5 continentes, posicionándose coma un dos tríos de jazz estatal máis importante.

Galego

Su Garrido Pombo

Su Garrido Pombo é unha cantante, guitarrista e compositora galega. O seu estilo músical abrangue diversos xéneros con matices de bossa, folk, jazz ou latin. A súa música é intimista e nos seus directos acompáñana a súa guitarra e os seus pedais de efectos. Recentemente obtivo o primeiro premio no Concurso Fran Narf (2018) e o Premio Martín Códax na categoría de Música de autora (2019).

Galego

Sheila Patricia Trío

Sheila Patricia é unha das novas voces de Galicia, cunha especial sensibilidade e unha potente presenza do empoderamento na súa música.

Filla dunha galega e dun arxentino, percibimos nas súas composicións trazos do folclore de ambos lugares.

A contínua preocupación polo seu, pola súa terra reflíctese no seu discurso artístico, recuperando o sentimento do canto popular, herdanza da súa avoa, unha das máis fortes referencias femininas de Sheila.

Simbiose é unha fusión do que representa a esencia da nosa artista.

Galego

Sr. Salvaje en concerto

Sr. Salvaje é unha banda de Santiago de Compostela formada por Guillermo Vistoso (voz e guitarra), Emilio Iniesta (batería) e Antón Torroncho (baixo). O seu repertorio, totalmente propio, concentra toda a enerxía do Rock and Roll con temas directos e intensos, igual que o seu Show. A banda bebe de grupos como M Clan, Los Zigarros, Revolver, Soda Stéreo (Rock Arxentino) e o Rock Americano dos 70's.

En marzo de 2023 comezarán a xira para presentar o novo LP pasando polas distintas comunidades autónomas.

Galego

Concerto de Santi Araujo

Entre crise de ansiedade e problemas de autoaceptación, Santi Araújo acabou por rebentar e as cachizas do estalido terminaron convertidos en decenas de cancións, a razón de dúas ao día durante semanas enteiras. Temas que non saíra a buscar, que "apareceron" despois de cinco anos sen compoñer nada, tras a disolución do seu anterior proxecto, A Familia.

Galego

SR. X

Nace en Ferrol no 2015 no barrio de Canido.

Unha banda moi ecléctica, fusionando diversos estilos como son o reggae, o ska ou o soul. Cun amplo repertorio de temas clásicos e actuais sempre levados ao seu terreo, cun obxectivo moi raro, facer mover o esqueleto aos presentes.

Tras algúns pequenos cambios na formación orixinal, os intregantes actuais son:

Tania Redondo (voz)

Miguel Vilar (guitarra)

Sonic ( baixo)

Gelocho (batería)

Rubo Ferreira (trompeta)

Sito Rivera (saxo tenor)

Daniel Rodríguez (trombón)

Galego

S4N7

Piti Sanz presenta "S4N7"... "Piti Sanz (Os Contentos, Dei Elas) asóciase cos músicos lucenses Ro Muñoz (Dei Elas, Mamá Cabra / batería) e Adrián Arias (teclado) e xuntos dan forma a un disco que é unha auténtica delicia. Un disco que é unha declaración de intencións, un berro aos catro ventos: estou de volta, toquei o chan pero levanteime... e estou máis forte que nunca".

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto