Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

O Cadelo Lunático en concerto

A banda está xirando con nova formación presentando algúns temas do primeiro disco, Malos Tempos (Inquedanzas Sonoras, 2015) e novas composicións entre as que destacan poemas de Celso Emilio Ferreiro ou de poetas actuais como Cristina Corral Soilán.

Blues e soul de corte clásico con ritmo e divertido para todos os públicos.

Galego

Nastasia Zürcher en concerto

10 temas, 10 maneiras de mover o corpo... De grooves descarados e onda moderna, ao novo álbume da vocalista, galardoada e dúas veces nominada aos Premios Martín Códax da Música (Galician Music Awards, categoría "Blues, Funk & Soul" e "World Music"), flúe por estilos como o Neo Soul, o R&B Contemporáneo e as chamadas Músicas do Mundo, interpretadas aquí na súa vertente máis persoal dando vida propia a un disco ecléctico, diferente, e de coidada produción sobre a que repousa a súa xa inconfundible voz.

Galego

Nacho Pérez Quinteto

O guitarrista vilagarcián presentará un repertorio de temas orixinais e standards (cancións clásicas do xénero moi coñecidas). 

O guitarrista mostra unha influencia importante de grandes e elegantes músicos, como John Coltrane, M. Davis, Charlie Parker e, mesmo, Thelonious Monk.

Aos seus dotes instrumentais, Nacho Pérez engade as súas cualidades como cantante, unha faceta moi pouco explotada no ámbito do jazz galego. 

Galego

Mr. Mou en concerto

Ricardo Mouriño tamén coñecido como Mr. Mou é un multinstrumentista e cantante ferrolán; entre outras cousas graduado en Instrumentos da Música Tradicional e Popular polo Conservatorio Superior de Música de Vigo, que leva moi activo na escena do Reggae e do Folk galego dende fai máis dunha década.

Galego

Concierto de MLK

MLK é unha banda de rock fincada en Pontevedra. As súas orixes, con todo, teñen lugar nun escuro e frío piso de estudantes en Santiago, no que Perigo Sánchez e Miguel Neira xúntanse para gravar cancións sen maior pretensión que a de pasar o tempo. Froito de de estas sesións saen as Home Recording Sessions incluídas no seu Bandcamp (www.theemlk.bandcamp.com), gravadas cun equipo moi rudimentario polo mesmo Perigo.

Galego

Miguel SEoane Trío

Miguel Seoane Trio, nace en Amsterdam después de que su líder se mude a esta ciudad para comenzar sus estudios en el Conservatorio de la misma, estando ahí conoce a los otros dos músicos que forman el trio, João Guerra y Francisco Nogueira, y con los cuales tiene gran conexión.
En el repertorio de este trio se trata de poner en una visión común tanto standards como composiciones propias.
Formación:
Miguel Seoane- Saxofón alto
João Guerra- Bateria
Francisco Nogueira- Contrabajo

Galego

Mentah en concierto

Das cinzas de Klute e cun son que abraza ao rock ou ao punk. Con todo, Mentah foxe de etiquetas desde a súa posición innovadora na actual escena musical ferrolá.

Son Carlos Rey e Julián Daza; guitarra e voz para o primeiro, batería e coros o segundo. Non pasaron máis que uns días desde que concluíron a elaboración do seu primeiro elepé.

Galego

Mauricio Caruso Cuarteto

Con máis de vinte anos de carreira e 7 discos lanzados, o guitarrista e compositor Mauricio Caruso vén reformulando súa actuación e o formato do seu traballo.
Despois de tres anos vivindo na Galicia, Caruso lanza o disco novo “ATRAVESSIA” , gravado no estudio Ancestral (Pontevedra) en directo.

Galego

Bonnie Tyler

No seu afán por expandir as súas programacións, o festival Vilablues, que nas 6 edicións que leva realizadas, recalou en Vilagarcía de Arousa e Noia, fai agora escala en Santiago de Compostela para presentar na súa edición ?Vilablues no Barrio? a unha lenda do rock internacional como é Bonnie Tyler.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto