Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Mike Stern Band

MIKE STERN (Guitar)
Stern, nacido o 10 de xaneiro de 1953, é un guitarrista de jazz estadounidense. Despois de tocar con Blood, Sweat & Tears, traballou co baterista Billy Cobham, e despois co trompetista Miles Davis de 1981 a 1983 e de novo en 1985. A partir de ahí comezou unha carreira en solitario, publicando máis dunha ducia de álbums.

Galego

Xullo Pop! Grampoder

O dúo compostelán Grampoder volve aos escenarios cunha versión máis enérxica, máis eléctrica e máis escura do seu rock portátil. A banda regresa para presentar novas cancións nas que exploran as texturas do pop psicodélico, a rabia do hardcore e a densidade do post-punk.

Galego

Xullo Pop! Garza

Garza é o proxecto de música electrónica formado por Adrián Charlín, músico que tras anos dedicado á batería, sendo membro de bandas do panorama alternativo galego, decide empezar unha viaxe ao mundo da música electrónica como produtor. A súa música combina diferentes estilos, desde o experimental e escuro ata a música de club máis transitable. Os estilos máis recorrentes son o ambient, deep, trip-hop, Idm, etc.

En calquera caso, Garza trata de crear unha música de atmosferas que xogan constantemente coas intensidades.

Galego

Xullo Pop! Anxo Araújo

Plan de urbanismo para un novo couto mixto é o primeiro traballo de estudo en solitario de Anxo Araújo. O disco parte dunha necesidade persoal convertida en desafío. O proceso de creación ten lugar durante varios meses do ano 2020 no seu estudo de gravación, obtendo como resultado desa introspección dez fermosas cancións que nos inspiran momentos de cambio, de auto afirmación e de reflexión sobre a relativa importancia das cousas. Este novo traballo nace no contexto dunha pandemia.

Galego

NoitiNHas 2022: Lao Ra

O Hotel NH Collection Santiago volve ofrecer música e petiscos gourmet na súa entrega de 2022. As citas serán coma sempre de balde trala recollida previa de convites. As veladas comezarán cunha sesión musical a cargo dun DJ local e proseguirán con actuacións en directo a partir das 21h de destacados artistas do panorama musical nacional e internacional.

Galego

María e Jorge: Baixo ás árbores

Fantasía coas palabras é o primeiro libro disco de María Faltri e Jorge Juncal. Unha proposta para aprender o abecedario dunha maneira orixinal e divertida. Jorge Juncal é músico con anos de experiencia como acordeonista en diversos grupos folk do país: Anubía, Macfeck, Faltriqueira ou Beladona. María López é compoñente do grupo vocal Faltriqueira, formación que leva mais de 15 anos percorrendo escenarios nacionais e internacionais. Ambos músicos forman parte da escena infantil musical e teatral dende hai máis de 5 anos.

Galego

O son do camiño

O festival O Son do Camiño 2022 regresa ao do Gozo no seu formato habitual os días 16, 17 e 18 de xuño de 2022, e faino cun cartel de luxo no que resalta a presenza de artistas da talla de The Chemical  Brothers, C.Tangana, Liam Gallagher,  Editors, Jason Derulo, Dani Martín, Nathy Peluso ou La M.O.D.A.Os artistas galegos coparán máis do 40% da programación con diferentes estilos e pasando por diversas franxas de idade, entre os que destacan  Sen Senra, Triángulo de Amor Bizarro, The Killer Barbies con Silvia Superstar ou Guadi Galego, entre moitos outros.

Galego

Ortiga e convidados: Día da Música 2022

Para celebrar o Día da Música, este mes de xuño queremos facervos bailar. E quen mellor que Ortiga, o responsable de renovar o espírito da verbena galega a golpe de autotune, guitarra e secuenciadores, para facernos menear o bullarengue. O músico compostelán actuará o día 24 de xuño ás 21 horas na Cidade da Cultura, nun concerto de balde no que presentará o seu segundo álbum «Sabes el camino que elegí» (Ernie Records, 2021).

Galego

Bexley Vocal Ensemble

O Bexley Vocal Ensemble, coro do instituto Bexley de  Ohio ofrece un único concerto en Galicia no Mosteiro de San Martiño Pinario ás 20.30 en beneficio dunhas escolas no Peru. Unha excelente ocasión para percorrer a música coral a través dun selecto repertorio internacional.O coro Bexley Vocal Ensemble xira frecuentemente polos Estados Unidos e internacionalmente, destacando as súas últimas xiras por Centroeuropa, Irlanda, Inglaterra e Francia.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto