Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

On D Bass. Vol 4

Negus Asc Cult ten a honra de presentar un show repleto de música onde participará o alumnado dos talleres de #djinclusivo cunhas sesións, co soporte da unión de 2 dos sounds galegos Soundkilla Soundsystem   The North Patrol para terminar co show dos francés, Beatmaker, baixista e produtor especializado en Reggae dixital Manudigital ft Caporal Negus.

Galego

Capsula

Capsula. Agrupación de rock que xorde en Buenos Aires, Arxentina en 1997 formada por Martin Guevara, guitarra e voz. Recoñecidos polos seus excitantes directos, viraron polos principais escenarios de Europa, Sudamérica, México e Estados Unidos, actualmente o grupo complétase con Martin Guevara, guitarra e voz. Coni Duchess, baixo e voz, actualmente a banda está a vivir en Bilbao, País Vasco, España.

Tras formar varios grupos de estilo punk e proxectos de rock experimental durante os 90, Martín Guevara comeza a compoñer cancións baixo o nome de Capsula.

Galego

Sofía Ellar

A cantautora pop Sofía Ellar actúa dentro dunha ampla xira titulada "Libre" que serve para presentar o seu novo disco, do mesmo título, que sae editado en setembro deste ano 2022.

Tamén repasará os seus temas máis coñecidos de traballos anteriores.

Galego

Kae Tempest

Kae Tempest destaca polo seu estilo e traballo, que combina rap, dramaturxia e poesía. Ao contrario do que puidese parecer, cando cita a Wu-Tang Clan e a Samuel Beckett como dous das súas principais influencias non toca engancharlle o adhesivo do que veu en denominarse hipster. Non quere dar a nota, é sincere, e sostén con feitos esas afirmacións. Despegar desde o selo Big Dada -filial de Ninja Tune- e recibir en 2013 o Ted Hughes Award polas súas innovacións poéticas son dúas deles.

Galego

Bulla Barulla

Bullabarulla é unha festa. Unha festa de electrónica fresca e diversa na que participan dj' s e productors que admiramos. Tanto da Galicia como de fóra. O que nos presta é achegarnos aos seus proxectos, gozar e crear sinerxias chulas. Ademais, este proxecto nace da vontade e necesidade de crear espazos seguros nos que crecer e pasalo ben. Por isto, esperamos dos nosos visitantes unha actitude respectuosa con todas as identidades, diversidades e corpos disidentes.

Galego

Quién se queda con los niños?

Quién se queda con los niños? está formado por 5 amigos: Jorge Rodríguez á guitarra e voz, David Carrera á guitarra e voz, Pablo Mariño á guitarra e voz. Tito González ao Baixo e voz e Chema Otero á batería. Desde 2015 levan facendo versións do mellor pop rock nacional e internacional de todas as épocas e son unha das bandas que regularmente enchen a nosa axenda de eventos.

Galego

Intuición

Intuición é un canto á observación, á música e á amizade. A sobrevivir, en definitiva. En palabras do majorero -Elixín Intuición como título porque me parece que é nela onde reside a esencia da miña vontade creativa (?). Efectivamente, o disco aborda cuestións múltiples pero sempre desde unha inquietude poética, unha reflexión imprecisa e bela pola que subxace a sabotaxe visceral ao obvio. A intuición ábrese paso na súa máxima expresión e, ante o reto da paternidade (Deidade) -coa seguridade de non ter nada claro (Accidentes)-, anhela a viaxe pola viaxe (Xeometría/ Xeoloxía).

Galego

Uprising

Cando falamos de Muse non falamos dunha banda normal, que faga cousas normais, con medios normais. Falar deste trío británico supón, en primeiro lugar, facer un esforzo para enmarcar o seu estilo dentro dunha identidade reconocible do rock. Son moitos os que os sitúan no rock industrial, rock alternativo ou rock progresivo. Pero as súas influencias e o seu son experimental poden ir vinculado a un percorrido que vai desde o metal máis melódico ata o pop máis discotequero, abarcando calquera tendencia que se atope en metade dese percorrido.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto