Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Redeiras

O Concello de Nigrán, con motivo do mes no que se conmemoran as Letras Galegas, estrea este domingo 15 de Maio (Auditorio Municipal, 20:00 horas) o ciclo musical 'Redeiras' co concerto de Law. O obxectivo é visibilizar proxectos do eido musical liderados por 'Elas' porque "ELAS cantan, elas recitan, elas compoñen... elas constrúen, vertebran, crean... elas tecen a sociedade". O ciclo, que continúa o sábado 28 coa cantante Sabela Cereijo, está deseñado por SUL producións.

Galego

Miren

Miren é unha cantante donostiarra (1999), asentada en Barcelona. A súa música coquetea co Lofi, o Hip-Hop e o Pop creando un espazo moi íntimo e persoal, onde os seus oíntes poden estar, pensar e deixarse levar entre as súas palabras e as imaxes que provoca.

Galego

Muse

Muse é unha banda de rock británica formada en 1994, en  Teignmouth,  Devon. Desde a súa formación, os seus integrantes son:  Matt Bellamy (voz, guitarra, teclados);  Christopher Wolstenholme (baixo, coros); e  Dominic Howard (batería).

Galego

Angel Stanich + Soa

Tras o seu retiro para mediados de 2019, abandonando toda actividade ata nova colleita, o noso ínclito ermitán apartouse á súa gruta no seu deserto particular esperando a paz ou as tentacións do diaño. Ambas chegaron e, na noite, Stanich foi alumando máis de 40 cancións. Agora, ao tañido dunha campá imaxinaria, tras brotar sen agostarse no bancal amanecista, reaparece rearmado e presto para a vida pública cun inminente EP (Vinilo 10?

Galego

E.C.O.

A banda galega ECO presenta en concerto "Os anos do Silencio", a súa obra máis persoal. Non chos perdas en directo, en Vigo, Ponferrada e A Coruña, pronto, máis datas por confirmar... Os soños son a vida, a vida é actitude, e a actitude ha de ser sempre cumprir soños.. .

Galego

Rockers Go To Hell

En 1998 Alvaro e Kiko, por aquel entón cantante e guitarrista das Mandrágoras, deciden montar un repertorio de cancións dos seus ídolos dos anos 50: Elvis, Gene Vincent, Johnny Burnette, Eddie Cochran, Warren Smith, Link Wray, Jerry Le Lewis, Conway Twitty e todas as estrelas do firmamento do Rock´n´Roll e o Rockabilly. Acompañados de Andy (Big Bottom Band) ao contrabaixo e Saleta (Elephant Band, Meu) á batería estréanse ese verán.

Galego

The Carlos Childe Band

É a terceira vez que esta formación, devota do jazz tradicional de Nova Orleans, visita o Tempo Club tras a publicación en 2021 do disco titulado Where Eat cun repertorio apto para danzaríns que inclúe algúns dos temas máis populares deste estilo de música. Carlos Childe ao banjo e a voz estará acompañado por Adrián Begoña ao piano, Fer Lamas na batería, Giorgio Galiña ao trombón, Marcos Prieto no clarinete e Paolo Furio Marasso no contrabaixo.

 

Galego

NoitiNHas 2022: Red Jesus

O Hotel NH Collection Santiago volve ofrecer música e petiscos gourmet na súa entrega de 2022. As citas serán coma sempre de balde trala recollida previa de convites. As veladas comezarán cunha sesión musical a cargo dun DJ local e proseguirán con actuacións en directo a partir das 21h de destacados artistas do panorama musical nacional e internacional.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto