Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Uxía & Ruibal: Da túa casa a miña

A artista galega Uxía e o músico andaluz Javier Ruibal unen ás súas forzas e talentos para crear un novo proxecto: Da túa cas​a á miña. Uxía e Ruibal proveñen da música popular ibérica que se proxecta ao mundo; son dúas voces que beben de todo ese acervo que Lorca e Rosalía trasladaron aos seus versos, que son pura musicalidade e inspiración.

Galego

Sofía Espiñeira

Sofía Espiñeira López comeza no espectáculo, cando estaba a finalizar os seus estudos de xornalismo, formándose en danza e técnicas circense. Máis tarde introdúcese no mundo do teatro da man da compañía Titereficciós e desde 2010 participa en proxectos de danza, circo e teatro.

Galego

Xisco Feijóo: Peixe

Cantante, premiado bailador, coreógrafo, presentador de televisión, mestre da ETRAD e coordinador da sección de canto da OFG SonDeSeu.

Xisco Feijoó, despois de ter feito un incesante traballo de recuperación etnográfica durante máis de trinta anos e tendo colaborado en máis de vinte discos e espectáculos de artistas de proxección internacional como Mercedes Peón, Xosé Manuel Budiño, Carlos Núñez, Kepa Junquera, Berrogüetto e Rodrigo Romaní, entre outros, atrévese lanzando este traballo discográfico chamado PEIXE.

 

Galego

O Sonoro Maxín: De navallas e cumbias

Cando o chifro soa e roda a tarazana, as navallas e os coitelos abandonan os petos e os fondos dos caixóns, onde durmen. Ocupan a rúa. Procuran un novo fío. Buscan cortar de novo. Nestes tempos tan ingratos cómpre ter a man unha navalla ben afiada. A nosa navalla é a canción. Tamén o baile.O Sonoro Maxín comeza, como unha tarazana, un camiño de ida e volta para compartir, a través da súa música, os momentos e os lugares nos que naceu, creceu e amou. Reclamando un espazo para poder bailar mellor. Reivindicando a música como unha arma de construción masiva.

Galego

Gustavo Santaolalla + Xoel López

Xoel López é sen dúbida un dos artistas musicais máis solventes e representativos da escena independente iberoamericana.

Tras máis de 20 anos de traxectoria musical, a música de Xoel López defínese polo xenuíno das súas paisaxes, cada disco é un exercicio de liberdade creativa e á vez un capítulo case biográfico. O seu novo disco: Se o meu raio alcanzáseche (Sony Music Spain con licenza de Esmerarte), que será o número 15 da súa carreira, publícase  o 27 de novembro. Nel cede por primeira vez os mandos da produción, da que se ocupa Carles Campi Campón.

Galego

Lethargus + Terader

Lethargus, a banda de Metal progresivo de Madrid, conseguiu situarse na mente tanto de medios como de público. O seu directo contundente e o seu son cheo de influencias mestúranse cun aire ecléctico e místico. A súa música rompe coa monotonía, plasmando en imaxes e música cada faceta do seu morado universo.

Galego

El Patio

A banda do Patio é un dúo vigués formado por Tito Castro á guitarra e Diego Romero á voz. Principalmente son un dúo de versións aínda que tamén compoñen as súas propias cancións. Interpretan temas de rumba, Pop, Rock e versións de moitos outros estilos desde os sesenta á actualidade, en español e Inglés, con guitarra española, acústica ou mesmo piano. Un repertorio amplo e moi versátil polo que os seus concertos poden variar moitísimo adaptándose moi ben a todos os públicos.

Galego

Bottombeat

Bottombeat, é un cuarteto instrumental vigués apostado ao bo groove do directo. Pedro Gregorio(teclado), Irra Chouza (guitarra), Glen Gibb (saxófono) e Ramon Neira (bateria) forman o grupo. Ten un repertorio instrumental que viaxa a través das diversas ondas musicais do jazz, funk e soul, con composicións propias e selectas versións. Ademais a banda aposta polo directo e a colaboración do público.

 

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto