Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Hard Trip + Suevia

Nace Suevia, unha nova banda de hard rock formada por catro mulleres xa con experiencia previa no mundo da música. O seu estilo musical influenciado polo Rock dos 70´s e 90´s. Composicións propias con temática comprometida e sen deixar de tocar ao amor e á tolemia.

Proximamente sairá o seu disco Luces y sombras gravado e producido por Myriam Cortizo. O seu primeiro single Princesa e seguiranlle outros títulos como En silencio, Girls like me, Volando, I´m mad, Luces y sombras, Tiempo ou Who I am?.

 

Galego

The Prehistorics feat. Chris Masuak

The Prehistorics  fixeron unha carreira notable en Australia desde o seu inicio en 2002, cando comezaron a través de Brendan Sequeira, cantante, compositor e membro de bandas máis antiquas como The Hellacopters, Redd Kross, Radio Birdman E The Hoodoo Gurus. The Prehistorics construíu unha adoitada reputacion como "Mestres do Rock 'n Roll!. 

Galego

Malasangre

Marta (voz), David (guitarra), Jacobo (batería) e Miguel (baixo) son os catro integrantes de Malasangre. O ano 2019, o cuarteto debutou cun disco de cinco cancións das que queiman nos dedos. Francamente, o seu son é robusto, duro e ten verdadeira pegada. Nunha onda de Hard-rock moi combustible con melodías e letras bastante gráficas, cada unha das súas cancións é un verdadeiro videoclip dos de orzamento. 'Piel azul', 'Guerrero', 'No quiero' ou 'Dispuesta a matar' son algúns dos títulos do disco.

Galego

The Jokers

A banda The Jokers créase en Murcia no ano 2005 polo músico, compositor e produtor José Javier Molina "Xota" que agora tras 15 anos de batallar por diferentes bandas emprende profesionalmente a súa carreira en solitario. BANDAS como Latitude Norte Fran e Mr Xota Supermirafiori, Cableados e Entre Liñas. Con Entre Liñas publica o disco A túa mirada no ano 1997, disco recomendado por Cadea 100 e cun gran éxito de vendas. COLABORACIÓNS como armonicista en Alquimia, Eduardo Moura, Susana Re, Quasar, Corleone, Crazy Daisy band, Desenchufádevos, Bluesmarinos, Darsena, Jook Joints...

Galego

Valley of the Sun

A banda de Stoner Rock Valley Of The Sun presenta o seu novo single chamado «Headlights».

A banda de Ohio presenta o terceiro single do que será o seu próximo disco de estudo chamado The Chariot e que se vai a poñer á venda o próximo día 17 de xuño por Ripple Music e Fuzzorama Records.

Galego

The Impossiblues

Dentro do ecosistema musical galego, no que os estilos con máis tirón popular son os das orquestras, bandas como The ImpossiBlues teñen o seu público específico. Así o pensa Xan Pérez, vocalista e compositor desta formación, orixinaria das comarcas do Carballiño e O Ribeiro, que está a atopar o seu oco na escena local.

Galego

Gallego Común

Gallego Común é unha banda de catro tipos do Morrazo que fan o que poden, non o que lles gusta: música precaria para unha época confusa. Rock rudimentario, sen ningunha pretensión pero con moito autoodio. Se os atopa tal vez poida. 

Galego

ETRAD

O domingo 26 de Xuño ás 13H na sesión vermú teremos o concerto  da ETRAD ( Escola Municipal de Música Tradicional e Folk de Vigo) con entrada de balde.

Nado dentro do seno da ETRAD (Escola Municipal de Música Tradicional e Folk de Vigo).

O seu repertorio xira entorno á tradición galega e unha fusión de estilos que parten do folk e as músicas de raíz europeas, ata a música clásica e pop-rock actual.

Galego

Los Goonies

Los Goonies é unha banda formada por catro integrantes, Óscar Rodil (batería profesional con dilatada experiencia en diferentes bandas do panorama nacional, exbatería Paris de Noia), Paco Prol (guitarrista e coros, con 25 anos de experiencia nos escenarios e guitarrista de bandas como a orquestra Panorama durante máis de 10 anos), André Moreiras (Pianista, compositor e arreglista, expianista Orquestra Olympus) e, por último, San Escaleira (voz principal e guitarrista, actor de dobraxe profesional desde hai máis de 14 anos e persoa que puxo a súa voz a infinidade de personaxes televisivos).

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto