Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Atardecer no Gaiás: Rocío Saiz

Cantante, compositora, presentadora e activista LGTBIQ+, Rocío Saiz leva anos vinculada á industria musical como colaboradora de Radio 3, programadora en festivais —Primavera Sound, Low festival, SXSW, Summercase, etc.—, como axente doutros artistas e tamén cos seus propios proxectos persoais (Las Chillers, Monterrosa). O seu álbum debut en solitario (Amor Amargo, 2021) é un percorrido emocional cargado de enerxía pop e acompasado cun lirismo contemporáneo que reborda empatía.

Galego

Atardecer no Gaiás: Mundo Prestigio

Un proxecto a medio camiño entre unha banda e un grupo de produtores, nacido en Vigo en 2019 froito da reconversión do grupo de noise rock Jay. Samplers, hip hop e ritmos urbanos dan forma ás paisaxes instrumentais que son a base sobre as que Mundo Prestigio constrúe os seus temas en colaboración con artistas da escena contemporánea galega como Boyanka Kostova, Grande Amore, Ortiga ou Mariagrep.

Galego

Atardecer no Gaiás: Carla Green & The Demons

Banda compostelana que leva desde 2017 traendo aos escenarios o mellor soul dos anos 60 e 70. Formada por músicos cunha dilatada traxectoria no jazz, o blues e o swing, Carla Green & The Demons inclúe no se repertorio temas de grandes clásicos como Etta James, Otis Redding ou Wilson Pickett, e composicións propias nas que se achegan tamén aos ritmos do soul e o funk latino. Gañadores do premio Martín Códax 2020 dentro da categoría blues/funk/soul.

Galego

Atardecer no Gaiás: Kimberley Tell

Coñecida pola súa faceta como actriz nas series Buscando el norte, Hierro ou Campamento Albanta, a canaria debuta na música en 2020 cun EP que tamén formou parte da banda sonora doutra serie de éxito: Élite. A longo de 2022, Kimberley Tell está a debullar os temas do seu segundo traballo, Error 404, no que mantén a súa aposta polas melodías limpas e letras que falan do íntimo, dando forma a un indie pop rico en influencias.

Galego

Atardecer no Gaiás: Caldo

María Jorge (violín), Anaïs Barbier (voz e pandeireta) e Pedro Fariñas (guitarra e gaita) forman Caldo, un trío afincado no Valmiñor que achega a música tradicional a contextos sonoros contemporáneos a través da experimentación cos propios instrumentos. Cun formato puramente acústico, a súa proposta integra melodías tradicionais galegas e composicións propias con influencias das músicas europeas e atlánticas, unha fusión natural que vai directa ao sentir do público.

Galego

Atardecer no Gaiás: MJ Pérez

A voz e a guitarra da cantautora de Arzúa beben de diferentes estilos, do rock-pop nos seus primeiros traballos aos sons latinos e a música de raíz do seu último disco A luz prendida. Catro álbums, máis de 200 concertos en Galicia e Portugal e un rebulir creativo que levaron a MJ Pérez incluso a xuntar as dúas Rosalías, a poeta galega e a artista catalá, na súa versión «Malaxente».

Galego

Atardecer no Gaiás: Alfredo Tejada

Cantaor flamenco de voz pura, grande potencia e sensibilidade que lle permiten adaptarse aos matices que requiren os diferentes paus do flamenco. Fillo de artistas e neto de “El Tito” tamén cantaor, Alfredo Tejada é un todoterreo do oficio que percorreu os principais festivais, tablaos, peñas e teatros só ou na compañía de grandes figuras como La Lupi, Mario Maya, Fuensanta 'La Moneta' ou Rocío Molina , entre outras. Gañador do 57º Festival Internacional del Cante de las Minas e Mellor cantaor de acompañamento no Festival de Jerez 2020.

Galego

Atardecer no Gaiás: Sila Lúa

Sila Lúa, con raíces viguesas, combina a música urbana en español e a electrónica experimental. Afincada en Madrid tras pasar unha bota tempada en Londres, onde descubriu novas formas de facer música, estilos e mesturas innovadoras, publica este ano o seu álbum de debut, pero xa de seguro que a escoitaches na cuarta tempada da serie Élite en Netflix, onde soan os seus temas «Nada» e «Quiero llorar».

Galego

Atardecer no Gaiás: Los Jinetes del Trópico

Do Land Rober ao Got Talent, de festival en festival, Los Jinetes del Trópico levan a súa fusión de ritmos latinos, ska e música popular galega aló onde faga falta. O autodenominado FestiZaxe dos de Monforte leva desde o ano 2015 sacando a bailar á xente en salas e festivais de toda Galicia, gravando temas sen parar —ata unha Cumbia de Muxía coas Tanxugueiras— e agora o trío sube ao Gaiás para montar unha verbena irrepetible ao solpor.

Galego

The BellRays

Os BellRays son unha forza da natureza procedente de Riverside, California. Coñecidos en todo o mundo polo seu son punk, rock e soul, que é único e non ten comparación. Desafían continuamente unha definición singular e están orgullosos diso. Os BellRays fan boa música e así é como lles gusta.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto