Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

III Sons Da Bocanoite

Algúns dos artistas invitados son: A Outra, Yoly Saa, O Jose, Té Canela ou Eme Dj.

A OUTRA

O ano pasado saía á luz ?Incendio?, o novo traballo da Outra, que significou un paso adiante dunha artista que soubo seguir o seu propio camiño sen dar nunca o seu brazo para torcer. Neste terceiro álbum, ofrece doce historias nas que se pasea por temas como o feminismo, o amor, a liberdade e a amizade, desde unha perspectiva tan persoal como irónica e crítica.

YOLY SAA

Galego

Atardecer no Gaiás 2022

Un ano máis, na Cidade da Cultura poñemos banda sonora aos longos solpores do estío co ciclo de concertos Atardecer no Gaiás. 16 actuacións en directo, con entrada de balde, que percorren estilos e xeografías dando forma a un itinerario diverso e actual no que teñen cabida desde o pop ata a canción de autor e o flamenco, a electrónica, o folk experimental e unha boa dose de ritmos urbanos nos que os xéneros se mesturan baixo etiquetas do máis variado: electrocumbia, trap, hip hop...
 

Galego

Guadi Galego + DeVacas

Guadi Galego

Un caudal creativo onde flotan emocións e sentimentos.

Guadi Galego é unha das artistas máis relevantes da escena folk galega. Os sons presentes nos seus temas denotan contemporaneidade e sofisticación pop.

En 2009 comeza un proceso evolutivo no que introduce nos seus traballos elementos máis vangardistas como guitarras eléctricas e arranxos musicais.

DeVacas

Galego

Atardecer no Gaiás: Néboa

Polo mesmo ronsel que combina a canción tradicional con ritmos contemporáneos, navega Néboa. O seu resultado é un interesante pop-folk con toques de electrónica, jazz e trip-hop que constrúe ambientes nos que deixarse arrolar pola voz e as delicadas bases que constrúe o quinteto galego. Intimidade e experimentación para presentar Fósforo, EP de cinco temas que dá continuidade ao seu primeiro traballo longo, A realidade enganosa.

Galego

Atardecer no Gaiás: Basanta

Rodeados de misterio, Basanta transita entre riffs, melodías pop e psicodelia. Unha posta en escena e letras que coquetean co paganismo e o ocultismo do rock dos 60 e 70 pero que desbota a nostalxia en favor dun son fresco e actual. Co seu primeiro álbum, Colorama (2018) foron merecedores do premio nacional da música e das artes POP EYE 2019 na categoría de banda de rock.

Galego

Atardecer no Gaiás: Lusillón

Lusillón empezou facendo versións desde a intimidade do seu cuarto durante a corentena para pasar a compoñer temas propios («Un vermú conmigo» é o seu tema máis coñecido) e a facer colaboracións con outros artistas, como o popular «Ikea» con Álex Granero. Cun estilo musical con toques de lofi, pop e indie, a madrileña sae das paredes do seu cuarto para tomar os escenarios.

Galego

Atardecer no Gaiás: Terrae

Ambientalismo, techno e folclore definen o proxecto musical (e show audiovisual) de Terrae. Nacidos en pleno confinamento, buscan recuperar a simbiose entre a natureza e o ser humano a través do baile. Unha comuñón entre a música de raíz e a electrónica coa que buscan ser os fíos condutores dunha enerxía positiva para un cambio global.

Galego

Atardecer no Gaiás: Ruiseñora

Ruiseñora fusiona electrónica, saetas, psicodelia e tradición folclórica española rachando os clixés da música popular. Atilio González e Elia Maqueda teletransportan a copla de comezos do século XX a un novo milenio para apropiarse das pistas de baile e da cultura club actual. Música que fala de feridas, de raíces, de maxia e ritos cunha devoción absoluta pola electrónica máis cósmica e polo o folclore estremeño.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto