Concerto

Galego
Taxonomy Itriangulo: 
Taxonomy Imagen png: 

Louband Street

Louband é unha formación musical nacida en Sarria no ano 2017.

O noso estilo musical inclúe versións de clásicos musicais tanto en galego como en castelán. Entre os estilos musicales destacan o Ska, reggae, cumbia, pop e rock. Todos as versións están arranxadas por nos mesmo dando protagonismo as voces e os ventos da formación.

Do repertorio en galego destacan versións como "O Tren" de Andrés do Barro, "Quen puidera Namorala" de Celso Emilio Batallán así como tributos a outros grupos galegos coñecidos como Lamatumbá, Siniestro Total ou Heredeiros da Crus.

Galego

Aughas Mortas

Joel Padin é a nova promesa da música folk galega. Os seus inicios na música tradicional remóntanse ó ano 2011, donde comezou a cantar e tocar a pandeireta nunha asociación do seu pobo (Mar de Arousa). As súas ganas por avanzar, levárono a probar en diferentes grupos para intentar comprobar cal era o máis adecuado ás súas necesidades.

Galego

FESTICULTURA O MILLOR PARA SANAR AS AMARGURAS

  • Sobre o escenario ou no seu mítico carro amplificado remolcado por un motocultor, os Festicultores convirten cada festival ou verbena pola que pasan na maior pista de baile do mundo.  
  •     Os máis experimentados cultivadores de festas de Galicia volven á carga coa súa  mestura de humor, performance e música festeira que non deixa indiferente a ninguén. As atmósferas ciganas e festeiras coas que enchen as rúas e os escenarios fan que o público non deixe de bailar no que dura a festa.
Galego

Awen

Awen é un dúo de Vigo que interpreta todo tipo de versións dos clásicos do rock, soul, blues? así como algún tema de creación propia. Dúas potentes voces unidas por unha guitarra e unha única paixón: a música.

Galego

La Patrulla y Maldecir

A Patrulla nace en 2015 co afán de achegar un gran de area ao ámbito dos grupos de versións cunha aposta fresca e diferente. Presentan un directo cun son sólido e unha posta en escena divertida e vándala, facendo un percorrido por algúns dos temas máis influentes do pop/rock español das décadas dos 80/90, con algunha chiscadela a temas clásicos dos 60/70 e outros máis actuais que se engloban nos últimos 20 anos de música no noso país.

Galego

Daniel Casares

Daniel Casares graduado na Berklee College of Music con honras Summa Cum Laude, e tras tocar con algúns dos músicos de maior nivel no jazz actual estuda un máster de música en SOAS University of London, presentará á súa formación Quartet formada con Xan Campos ao piano; José Manuel Díaz Iglesias ao baixo e Chus Pazos na batería. Con eles interpretará material orixinal, standars de jazz clásico e pezas de improvisación libre.

Galego

Vigo Fest: Desiree Diouf

Desiree Diouf, mozo de orixe italiana, con raíces africanas presenta cancións consagradas do soul dos 70´s e temas dos máis actuais do pop internacional. O timbre, a sensualidade e a posta escénica, fan de cada actuación un momento inesquecible.

O seu valorado pai e músico senegalés Jean Ngoor mack, introduciuna desde nena ao mundo da música, ensinándolles as súas orixes, que ela ao longo dos anos soubo adaptar e manter na súa carreira musical.

Galego

Festival Wild Fest: Aurora & The Betrayers

Aurora & Betrayers é unha agrupación de música soul que incorpora elementos do rock clásico, o pop e o folk. Nacen en 2014 como produto da unión da cantante Aurora García e a banda SietePulgadas.

O seu primeiro traballo, Shadows go Away, impactou sensiblemente tanto á crítica como ao público, cunha proposta cunha base de soul oscilante entre o vintage e o experimental-contemporáneo, que chamou bastante a atención e logrado que cataloguen a súa música como a proposta máis orixinal e inclasificable do actual escenario nacional.

Galego

Los Hermanos Cunha

Os Irmáns Cunha presentan no seu repertorio versións de diferentes grupos e estilos de todas as épocas como pode ser cancións e éxitos de toda a vida como Louis Armstrong, Dyango e Pimpinela, Elvis Presley, Antonio Machín, The Platters, Julio Iglesias, Raphael, Joan Manuel Serrat? e mesmo personaxes da contorna televisiva ou de actualidade tampouco se libran do seu fino sentido do humor, como a Duquesa de Alba, Boris Izaguirre, O Rey, Jose Luís Moreno.

Galego

Hijosdelasal

Hijosdelasal (HDLS) é un cuarteto de Rock alternativo formado en Vigo  en novembro do 2012, que se caracteriza por un estilo potente, melódico e cru. Darán un concerto na Fábrica de Chocolate club o 2 de xullo ás 22h; Estarán acompañados pola banda Dark Diamond.

A banda de rock alternativo de Vigo  xorde das inquietudes creativas e musicais de Diego Cossío e Marcos Díaz (Phisick, Esenia), Gerardo Pérez (Kannon, A Banda de Andrelo, CeoDei, The Fishbox Band ) e Miguel Meijido (Orfhica, Silent knight? ) para facer unha homenaxe á música coa que creceron, o rock alternativo dos 90.

Galego

Páxinas

Subscribirse a RSS - Concerto