A Filmoteca de Galicia inaugura en outubro ‘Close-Up’, un ciclo sobre cine e perspectiva de xénero

A Coruña, 30 de setembro de 2024

A Filmoteca de Galicia inaugura en outubro o ciclo Close-Up: Cine e perspectiva de xénero, que se prolongará durante toda a tempada ata o mes de xuño do ano que vén, co obxectivo de afondar na situación do cinema feito por mulleres e reflexionar sobre a renovación da representación delas na pantalla. A continuidade da retrospectiva sobre Agnès Varda ou o comezo da dedicada a Tsai Ming-liang son outras das citas que vertebran a nova carteleira semestral.

Galego

Belén do Campo asiste á Ópera 'L´eisir d´amore' dentro da Tempada Lírica da Coruña

A Coruña, 29 de setembro de 2024

A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, asistiu á ópera “L´elisir d´amore” de G.Donizetti coa Orquesta Sinfónica de Galicia e o Coro Gaos no Teatro Colón, organizada pola Asociación de Amigos da Ópera dentro da programación da Tempada Lírica.

Galego

A Xunta celebrará na Ribeira Sacra un congreso internacional para impulsar a súa candidatura a Patrimonio Mundial

Sober (Lugo), 28 de setembro de 2024

A Xunta de Galicia celebrará a finais do vindeiro mes de outubro un congreso internacional no concello ourensán de Nogueira de Ramuín, co obxecto de impulsar a candidatura de Paisaxe da auga: Ribeira Sacra para que acade en 2026 o recoñecemento pola Unesco como Patrimonio Mundial.

Galego

A Xunta adianta a celebración do Día Internacional da Tradución coa entrega do Premio Plácido Castro

Cambados (Pontevedra), 28 de setembro de 2024

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, celebrou, na súa véspera, o Día Internacional da Tradución co acto da entrega do Premio Plácido Castro de Tradución, que na súa XXII edición recaeu en Tamara Andrés e Oriana Méndez pola obra As iluminacións, de Arthur Rimbaud.

Galego

O premio de relato curto 'Nortear' impulsado pola Xunta recae no escritor culleredense Manuel Vila Iglesias pola obra 'Graxa'

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2024

A obra Graxa do escritor culleredense Manuel Vila Iglesias gañou a 10º edición do premio de relato curto Nortear, impulsado pola Xunta. A iniciativa nace da Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, en colaboración coa Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte, Instituto Público (CCDR-Norte,IP), para o recoñecemento de pezas literarias en galego ou portugués.

Galego

Lopez Campos incide no papel central do audiovisual como motor da industria cultural galega

Ourense, 27 de setembro de 2024

Os conselleiros de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e de Emprego, Comercio e Emigración, José González, asistiron á cerimonia inaugural da 29ª edición do Ourense Film Festival (OUFF)m A película elixida para abrir o certame foi Adolfo Domínguez: El eco de otras voces, documental sobre o deseñador galego dirixido pola súa filla Adriana Domínguez, que compite con outras nove producións con participación galega dentro da sección a concurso Panorama Galicia.

Galego

Valentín García salienta a divulgación do patrimonio e a cultura feita no certame de investigación Condado de Pallares

Taboada (Lugo), 27 de setembro de 2024

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou hoxe na presentación da obra gañadora da XVI edición do Certame de Investigación Condado de Pallares, A arquitectura bieita do Condado de Pallares: os mosteiros femininos desaparecidos, de Alberta Lorenzo, onde salientou a divulgación do patrimonio e da cultura que se fai a través deste premio.

Galego

Páxinas

Subscribirse a Cultura de Galicia RSS