O quinteto ‘Dianto Reed Quintet’ ofrece unha charla concerto ao alumnado do conservatorio de música de Lugo

Lugo, 20 de novembro de 2024

O quinteto de música de cámara Dianto Reed Quintet ofreceu hoxe unha charla concerto no Conservatorio de Música de Lugo, dependente da Xunta de Galicia, para compartir coa comunidade educativa do centro a súa experiencia profesional, pautas sobre o  proceso creativo ou proxectos de futuro, entre outros aspectos. O acto contou coa asistencia do delegado territorial, Javier Arias.

Galego

A Xunta reúnese con axentes culturais en portas na súa rolda de contactos para informar da Rede Adival

Portas (Pontevedra), 20 de novembro de 2024

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, continuou hoxe en Portas a rolda de xuntanzas territoriais que, ao longo destas semanas, está a manter con xestores e industrias culturais, equipamentos museísticos, federacións, asociacións e fundacións, entre outras entidades, tanto para dar a coñecer de primeira man a Rede Adival de dinamización da cultura no rural de Galicia como para escoitar as propostas e suxestións dos axentes implicados.

Galego

A Xunta inclúe a técnica do esgrafiado no censo do patrimonio cultural de Galicia

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2024

A Xunta de Galicia inclúe a técnica do esgrafiado galego no Censo do Patrimonio Cultural de Galicia, unha das medidas de salvagarda postas en marcha pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para garantir o legado deste tipo de manifestación do patrimonio cultural inmaterial.

Galego

O Concurso de Rondallas de Vigo reunirá o 18 de xaneiro unha quincena de agrupacións

Santiago de Compostela, 19 de setembro 2024

O conselleiro de Cultura,  Lingua e Xuventude, José López Campos, participou esta tarde na presentación do VII Certame de Rondallas da Área Metropolitana de Vigo, que terá lugar o 18 de xaneiro coa participación de 15 agrupacións procedentes de Vigo, Mos, O Porriño, Gondomar, Nigrán e Tui, e que reunirá, tendo en conta as anteriores edicións, unhas 5.000 persoas.

Galego

López Campos resalta o “exemplo de coordinación a prol da cultura” do Festival Romaría Internacional

Santiago de Compostela, 19 de setembro 2024

O conselleiro de Cultura,  Lingua e Xuventude, José López Campos, presentou hoxe en Santiago o libro La permanente aventura en Galicia de la Romaría Internacional, escrito por Bernardo Valiño e editado pola Xunta, nun día, dixo, “moi propicio porque o festival do que se fala podería encaixar moi ben na actualidade coas bases nas que se sustenta a Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia que impulsamos desde o Goberno galego e que foi aprobada esta mañá no Parlamento”.

Galego

A Xunta culmina as obras de restauración do Teatro da Beneficencia nas que investiu máis de 48.000 euros

Ortigueira (A Coruña), 19 de novembro de 2024

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, acompañada do alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, supervisou esta mañá o resultado das obras de mellora do interior Teatro da Beneficencia nas que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude investiu máis de 48.000 euros.

Galego

Páxinas

Subscribirse a Cultura de Galicia RSS