A Xunta inviste máis de 50.000 € en axudas a catro concellos de Ferrolterra para equipamento e mellora de instalacións culturais

Neda (A Coruña), 3 de decembro de 2024

A Xunta destina este ano 50.400 euros en axudas aos concellos de Ares, Cedeira, Neda e Valdoviño para equipamento e mellora das instalacións e locais empregados para a realización de actividades culturais. A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, informou destas axudas no marco dunha visita realizada esta mañá xunto ao alcalde de Neda, Ángel Alvariño, á Casa da Cultura da localidade para comprobar o novo equipamento incorporado con cargo a esta liña de axudas da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.

Galego

López Campos aborda co concello e a Armada o estado da candidatura ferrolá a Patrimonio Mundial

Ferrol, 2 de decembro de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañado pola delegada da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou hoxe nunha xuntanza co alcalde da cidade, José Manuel Rey, e co almirante xefe do Arsenal Militar, Gonzalo Villar, para avaliar conxuntamente o estado do expediente da candidatura Cidade de Ferrol: Porto da Ilustración a Patrimonio Mundial.

Galego

A Filmoteca de Galicia recibe mañá a directora Carla Simón para falar sobre cine e perspectiva de xénero no ciclo ‘Close-Up’

A Coruña, 2 de decembro de 2024

A Filmoteca de Galicia acolle mañá ás 19,00 h. unha nova sesión do ciclo Close-Up: Cine e perspectiva de xénero coa visita da directora Carla Simón e a proxección da súa celebrada película Alcarràs. Arranca así na cinemateca da Xunta a carteleira de decembro, mes durante o que chegan á súa fin a retrospectiva sobre Agnès Varda, con algúns dos seus títulos máis populares, e a serie Walker, cos últimos episodios rodados por Tsai Ming-lian ata o momento.

Galego

A Xunta colabora na nova edición do Concurso de Corda Cidade de Vigo que xa conta con 83 participantes

Vigo, 2 de decembro de 2024

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participou este luns na presentación do XIII Concurso de Corda “Cidade de Vigo” que se celebrará do 4 ao 8 de decembro. Organizado pola Asociación Galega de Instrumentos de Corda (AGIC), coa colaboración da Xunta de Galicia. O concurso celebrarase no Conservatorio Superior de Música de Vigo cun novo récord de rexistrados, un total de 83 músicos de menos de hasta 23 anos, estudantes matriculados en España e Portugal nas catro modalidades: violín, violoncelo, viola e contrabaixo.

Galego

López Campos destaca o talento de Galicia nos formatos de animación na estrea da primeira serie musical de debuxos en galego

Pontevedra, 1 de decembro de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou hoxe en Pontevedra na presentación de Bibopalula, a primeira serie musical de animación en lingua galega, que tivo lugar dentro da derradeira xornada da 17ª feira Culturgal, onde o representante do Goberno galego deixou testemuño do apoio da Xunta ao proxecto.

Galego

Anxo M. Lorenzo destaca o impulso internacional da cultura galega “no evento editorial máis relevante de Iberoamérica”

Guadalajara (México), 30 de novembro de 2024

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na inauguración da Feira Internacional do Libro de Guadalaxara, en México, que conta este ano con España como convidada de honra e que se desenvolverá ata o vindeiro 8 de decembro. No acto destacou o impulso internacional que supón esta cita para a cultura galega, “xa que é o evento editorial profesional máis relevante de Iberoamérica”.

Galego

Rueda visita o ‘Belén máis rural’ en Santiago posto en marcha pola cooperativa CLUN e o Grupo Ecoener

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, asistiu hoxe á inauguración do Belén máis Rural de Santiago, unha iniciativa impulsada por primeira vez este ano pola cooperativa rural CLUN e a empresa de enerxías renovables Ecoener, en colaboración co Goberno galego que cede as súas dependencias no Pazo de Raxoi para que os visitantes poidan achegarse a ver esta representación de xeito gratuíto ata o 8 de xaneiro.

Galego

Páxinas

Subscribirse a Cultura de Galicia RSS