A Xunta e a Residencia Literaria 186 convocan unha nova estadía de tradución para autores estranxeiros

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2024.- A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Residencia Literaria 1863 da Coruña veñen de convocar a V Residencia Xacobeo para persoas tradutoras de literatura galega, co obxectivo de estimular e promocionar a tradución de obras literarias en galego, así como impulsar as letras galegas no exterior.

Galego

A Xunta salienta os vencellos culturais e lingüísticos entre Galicia e Portugal como ponte coa comunidade lusófona integrada por 270 millóns de persoas

Vigo, 15 de novembro de 2024

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, salientou hoxe os vencellos culturais e lingüísticos entre Galicia e Portugal como “ponte clave” nas relacións coa comunidade lusófona integrada por 270 millóns de persoas. Fíxoo durante a súa participación en Vigo na apertura da Festa do Livro em Português 2024, no centro cultural Camões – Instituto da Cooperação, á que tamén asistiu a delegada territorial da Xunta nesta cidade, Ana Ortiz.

Galego

A Xunta pecha ‘Ópticas contemporáneas’ cun concerto da Real Filharmonía de Galicia que revisa en clave minimalista As catro estacións de Vivaldi

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2024

A Real Filharmonía de Galicia pon o ramo este sábado ao ciclo Ópticas contemporáneas organizado pola Xunta de Galicia na Cidade da Cultura. Será un concerto especial no que a orquestra, dirixida por Baldur Brönnimann, interpretará unha das obras máis famosas de Vivaldi, As catro estacións, pero na versión minimalista que reimaxinou o influente compositor británico-alemán Max Richter.

Galego

Anxo M. Lorenzo destaca o traballo fotográfico de Glorianna Ximendaz na presentación de ‘Orixe’

Ourense, 14 de novembro de 2024

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, participou hoxe na presentación do libro Orixe, de Glorianna Ximendaz, gañadora do XI Premio Galicia de Fotografía Contemporánea, un galardón impulsado pola Xunta de Galicia, a asociación Outono Fotográfico e a Deputación de Lugo co obxectivo de promover novas creacións nesta disciplina. O acto, que tivo lugar na libraría Eixo de Ourense, contou, entre outros, coa asistencia do director de Outono Fotográfico, Xosé Lois Vázquez.

Galego

Anxo M. Lorenzo pon en valor a Lei de museos no impulso do sector ao longo destes catro anos de vixencia

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2024

O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, inaugurou hoxe na Cidade da Cultura a Xornada de Museos de Galicia, na que se analiza o impacto da Lei galega de museos a través das experiencias das entidades. Trátase dun foro de debate no que puxo en valor o impulso que deu ao sector esta norma que leva vixente catro anos e no que participan diversos representantes dos centros galegos.

Galego

López Campos celebra o “bo momento e a situación de estabilidade” que atravesa o sector cultural galego

A Coruña, 14 de novembro de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, destacou esta mañá “o bo momento e a situación de estabilidade que atravesamos en Galicia no que se refire ao sector cultural, clave na nosa Comunidade”. Así o afirmou durante a visita realizada, xunto coa delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e o  director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, ao Arquivo do Reino de Galicia, unha institución á que gabou polo “seu traballo tan relevante para a preservación da nosa historia e identidade”.

Galego

O Centro Dramático Galego avanza nos proxectos en común coa escena portuguesa na estrea do clásico de Gil Vicente ‘Frágua de amor’

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2024

O Centro Dramático Galego participa na estrea de mañá en Coímbra de Frágua de amor, a última das novas coproducións previstas para este outono e impulsadas durante este 2024, coincidindo coa celebración 40º aniversario da compañía pública. Na liña de internacionalización que leva desenvolvendo a unidade teatral da Xunta nos últimos anos, a montaxe da peza deste clásico da literatura portuguesa verá a luz no Teatro Académico de Gil Vicente (TAGV), onde permanecerá en cartel ata o sábado día 16.

Galego

López Campos salienta a importante participación de Galicia en Rutas culturais europeas que “testemuña o valioso patrimonio co que conta a Comunidade”

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2024

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, salientou hoxe a “importante participación e inclusión” de Galicia en diferentes itinerarios recoñecidos como Rutas culturais europeas e que considerou que “dá testemuño do valioso patrimonio co que conta a Comunidade”.

Galego

Páxinas

Subscribirse a Cultura de Galicia RSS